Os días 2,3 e 4 de agosto Alfoz celebra a tradicional Festa dos Chófers. Durante tres días os asistentes poderán gozar dunha ampla variedade de actividades, música e celebracións.
O venres, 2 de agosto, a partir das 23:00 horas comezará a verbena coa discoteca móbil Eventec e a orquesta New York.
O sábado, 3 de agosto, ás 13:00 horas, terá lugar a misa solemne, seguida da sesión vermú coa orquesta Stereo. A partir das 23:00 horas a festa contará coas actuacións das orquestras Stereo e Miramar.
O domingo, 4 de agosto, ás 11:00 celebrarase a procesión de vehículos polas parroquias do concello. Ás 13:00 horas haberá misa seguida pola bendición de vehículos, con premios para os mellores de cada categoría. Posteriormente, terá lugar a sesión vermú co grupo Montreal e, para rematar, a verbena co mesmo grupo.
A organización dispón de carpas con mesas e toma de corrente eléctrica. Para reservas, chamar ao 603895753. Tamén haberá zona de acampada, con reservas no 685887719. Para máis información, poden dirixirse aos seguintes números: 648815979 e 617299798.
A Festa dos Chóferes de Alfoz está organizada pola Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo coa colaboración do Concello de Alfoz e da Xunta de Galicia.