Eventos

Etiquetas:
04/04/2025

Desde o CCH explican que “un ano máis seguimos ampliando a oferta de actividades da Semana Santa de Viveiro. Este ano o Juepeo do xoves 10 de Abril será Tapeo de Cuaresma, unha iniciativa posta en marcha en colaboración coa Xunta de Cofradías da Semana Santa de Viveiro, e na que por suposto, ao ser un tapeo de Cuaresma ningunha tapa leva carne”. 

E seguen a relatar: “este ano volveremos realizar as visitas guiadas polo Casco Histórico de Viveiro da man do historiador Xesús Martínez, tamén en colaboración ca Xunta de Cofradías de Viveiro. Esta é xa a quinceava edición, nada mais nin nada menos que 15 anos organizando estas visitas guiadas nunha das semanas mais importantes do ano na vila, (só se cancelaron no ano 2020 por mor da pandemia). Cabe resaltar o éxito obtido nas pasadas edicións, dende o 2010 que foi o primeiro ano que puxeron en...

leer más
04/04/2025

O Salón dos Alcaldes acolleu a presentación da Semana Santa de Ribadeo. A programación desenvolverase do 11 ao 20 de abril.

O alcalde, Dani Vega, sinalou que “a Semana de Santa de Ribadeo é moi de fe, moi espiritual e moi nosa”. Agradeceu “todo o traballo que se fai desde a parroquia” , tivo palabras de recoñecemento para a labor realizada por Salvador Fernández e subliñou que “esta é a primeira vez que a Semana Santa de Ribadeo se presenta no Concello”. 
O párroco de Ribadeo, Gonzalo Varela, aludiu “ao trasfondo franciscano das Semanas Santas” e lembrou que “Ribadeo é unha vila esencialmente franciscana”. O pregón terá lugar o 12 de abril e será pronunciado polo profesor ribadense xubilado Roberto Rodríguez. O Bispo de Mondoñedo-Ferrol, Fernando García Cadiñanos, presidirá o Vía Crucis o Luns Santo. 

O...

leer más
04/04/2025

A Comisión de Festas de Santo Tomé, parroquia do concello de Lourenzá, organiza unha cea baile para o día 12 de abril, sábado. Celebrarase no pavillón desde as 22:00  horas. Explican que é un “evento para xuntar diñeiriño para a festa”.

O menú está composto por callos, costela asada, sobremesa, bebida e café. E da música encargarase o dúo Tropical.

Os tickets para participar están á venda nos establecementos Casa Gayoso, Cafetería Baos, Morrigan, Torreón e O Xiraldo. Tamén se poden mercar a través dos membros da comisión de festas.

04/04/2025

O Seminario de Estudos Terra de Viveiro organiza unha exposición do artista plástico viveirense Xosé Luis Neira Brochs desde este sábado, día 5, ata o 13 de abril e celebra o Día das Tortillas este domingo.

A mostra, titulada Sensacións, estará na Sala de Exposicións da Biblioteca Municipal de Viveiro.

E este domingo, día 6 de abril, celebrarán o Días das Tortillas no Restaurante Louzao, de Area. Terra de Viveiro anuncia que comerán “tortilla e variado menú con sobremesa” e tamén haberá unha “actividade previa: visita á exposición de Xosé Luis Neira Brochs ás 13:00 horas na Biblioteca Municipal de Viveiro (Sala de Exposicións)”.

Para desprazarase á comida a saída será ás 14:00 horas desde a Estación de Autobuses de Viveiro. Os tickets para participar cómpranse en Aquilino Mapfre...

Etiquetas:
03/04/2025

Os meses de abril e maio están en Foz centrados nos libros. A biblioteca municipal Salgado Toimil acolle múltiples actividades para festexar os días do libro infantil, do libro e tamén das letras galegas.

As actividades comezaron este mércores, día 2 de abril, cun obradoiro de monicreques na biblioteca e seguen o venres 4 no salón de actos da Casa da Cultura ás 18.30 horas co contacontos Contos para caghar patatillas, de Brais das Hortas, para público familiar.

“Comezamos cuns meses cargados de actividades previas ao verán, que en Foz é único. Agradecemos a colaboración das asociacións locais en moitos dos actos. A cultura dun pobo é moito máis rica grazas tamén á implicación dos veciños”, explica a concelleira de Cultura, Inés López Couto.

A Sala Bahía este mes de abril contará...

leer más
03/04/2025

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou hoxe en Barreiros na presentación da terceira Festa do Veciño de Celeiro de Mariñaos, que se celebra este sábado, 5 de abril.

A cita está organizada pola asociación de veciños e veciñas desta parroquia e conta coa colaboración da Administración autonómica. O obxectivo é xuntar á veciñanza nunha cea de confraternidade seguida de actuación musical e baile.

A organización instalará unha carpa para albergar as actividades, que comezarán coa cea ás 21:30 horas.

Arias destacou que a Xunta coopera con multitude de asociacións lucenses para impulsar todo tipo de propostas que fomentan a unión veciñal e revitalizan os barrios e os núcleos de poboación.

02/04/2025

A presentación da marca De Catedral a Catedral terá lugar o día 11 de abril, venres, ás 11 horas na Casa dos Coengos, dentro da Catedral de Mondoñedo.

O Concello de Mondoñedo explica que “a marca De Catedral a Catedral vai potenciar o Camiño Norte, propoñendo un itinerario entre a catedral de Mondoñedo e a de Santiago a facer en sete etapas. O proxecto De Catedral a Catedral, xurdido a iniciativa popular e que conta co apoio do comercio, a hostalería e restauración local, así como das institucións locais e autonómicas, e da Diocese Mondoñedo Ferrol e da Diocese de Santiago, ponse en marcha a partir deste venres 11. A presentación da marca De Catedral a Catedral, á que acudiran a directiva da xestora así como autoridades civís e eclesiásticas, será o punto de saída desta interesante iniciativa que...

leer más
02/04/2025

O Alfar dos Muíños, en Mondoñedo, acollerá o este domingo, día 6 de abril, unha xornada de oficios artesáns impulsada pola Xunta en colaboración coa Asociación Profesional de Artesáns dos Muíños e Concello. A iniciativa enmárcase na programación dos Días Europeos da Artesanía, que inclúe máis talleres abertos ao público esta semana en Mondoñedo e noutros lugares de Galicia.

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, e a concelleira de Turismo de Mondoñedo, Patricia Otero, presentaron as actividades na Delegación Territorial de Lugo xunto con tres dos artesáns participantes: Verónica Page, Maica Juncal e Marcelo Scapinachis.

O domingo o Alfar dos Muíños acollerá obradoiros de torno cerámico, modelado manual e esmaltado, fiado con roca, confección en pel, títeres, estampado artesanal e marroquinería. Os talleres...

leer más
Etiquetas:
02/04/2025

O Concello de Alfoz organiza actividades lúdicas para menores de 18 anos o día 16 de abril, mércores de Semana Santa. Serán de 16:30 a 20:30 horas no pavillón municipal.

Haberá “inchables, circuíto RC, xogos xigantes con monitor, Battle Arena, batallas en colchoneta con bolas de espuma, música e moita diversión. Ven gozar dunha tarde chea de risas e aventura!”, anuncia o Concello de Alfoz.

Etiquetas:
02/04/2025

Penasagudas, no municipio de Xove, celebrará a festa de San Isidoro de Monte esta fin de semana, sábado 5 e domingo 6 de abril

As actividades comezarán o sábado as 13:00 horas con misa solemne e procesión, ás 14:00 horas haberá sesión vermú co dúo Belinda, ás 15:00 horas terá lugar un xantar e desde as 17:00 horas, baile co dúo Belinda e o  grupo Fénix, no que haberá trofeos ás 3 mellores parellas de pasodobre e un trofeo á mellor parella de bachata.

E para o domingo a partir das 10:00 horas está programada unha ruta de sendeirismo (a pé, a cabalo ou en bicicleta); ás 14:00 horas haberá sesión vermú; ás 15:00 empezará o xantar e a partir das 17:00 horas comezará o baile cunha actuación estelar, anuncia a organización, que corre a cargo da asociación Cruz de Loureiro, de San Isidoro de Monte. Tamén destaca que...

leer más