Marca

Etiquetas:
24/01/2024

Ribadeo, a contrapunto. A nova marca turística será presentada mañá, día 25, na Casa de Galicia en Madrid. Será a xornalista e escritora Sonsoles Ónega a encargada de amosarlle ao mundo a través de 28 frases asociadas a recursos a excepcionalidade de Ribadeo. 

O acto dará comezo ás 21:00 horas. E no mesmo intervirán tanto o alcalde, Dani Vega, como a concelleira de Turismo, Marta Saiz, que incidirán en que Ribadeo ten un carácter propio, marcado pola súa historia, pola súa tradición, pola súa cultura e pola súa xeografía: “todo iso permítenos bailar ao noso ritmo, a contrapunto”. 

Na Casa de Galicia está prevista a proxección dun vídeo no que os asistentes gozarán dun territorio con grande personalidade e dinamismo propios, onde o movemento e a tranquilidade están en perfecto equilibrio. 

... leer más
Etiquetas:
16/01/2024

Ribadeo a contrapunto é a nova marca turística do Concello, que será presentada nun acto na Casa de Galicia o vindeiro 25 de xaneiro. A escritora e xornalista Sonsoles Ónega será a encargada de dar a coñecer os potenciais ribadenses. O alcalde, Dani Vega, presentou esta mañá no salón de plenos a campaña de promoción, xunto á concelleira de Turismo, Marta Saiz, e á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. 

Concello e Acisa asistirán xuntos a Fitur 2024 con tres obxectivos: “evidenciar o potencial turístico de Ribadeo, expoñer as liñas estratéxicas que nos guían e mostrar as ferramentas que utilizaremos para consolidarnos como un dos piares turísticos do norte de Galicia. En Madrid presentaremos a nova campaña publicitaria, manteremos reunións e estableceremos contacto con diversos axentes turísticos e entidades...

leer más
Etiquetas:
15/01/2024
Os dezaseis Concellos que conforman a Mancomunidade únense baixo a nova marca turística e de territorio A Mariña, Galicia de corazón, que foi presentada nun acto esta mañá ao que acudiron centos de persoas. A primeira parada na que se dará a coñecer será en Fitur 2024. 
 
Trátase dunha marca “con personalidade, auténtica, feminina, culta e universal, con vocación de permanencia e liderazgo”, segundo subliñan desde a entidade.  
 
A presidenta da Mancomunidade, Rocío López, indicou que “A Mariña é un territorio, un sentimento, un xeito de facer as cousas, pero tamén un compromiso. O compromiso que amosan cada día os dezaseis concellos que conforman a Mancomunidade, as empresas e axentes vinculados ao turismo que con esforzo e implicación, están...
leer más
10/01/2024

O próximo luns, 15 de xaneiro, ás 12 horas terá lugar no Auditorio Pascual Veiga en Mondoñedo a presentación da nova marca turística e de territorio da Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense. Trátade dun dos eventos máis relevantes que organiza esta entidade ata o de agora. Nesa xornada tamén se entregarán as 29 distincións de calidade do Sistema Integral de Calidade Turtística en Destino (SICTED). 

A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense organiza o próximo luns, 15 de decembro, ás 12:00 do mediodía no auditorio Pascual Veiga en Mondoñedo, un evento que terá como obxectivo principal ser a punta de lanza da activación dunha nova marca turística e de territorio do xeodestino, unha marca forte que permita posicionar A Mariña como un destino e territorio de referencia, e que nace no contexto de implementación do vixente  Plan de...

leer más