Terra de Viveiro
O Seminario de Estudos Terra de Viveiro organiza unha exposición do artista plástico viveirense Xosé Luis Neira Brochs desde este sábado, día 5, ata o 13 de abril e celebra o Día das Tortillas este domingo.
A mostra, titulada Sensacións, estará na Sala de Exposicións da Biblioteca Municipal de Viveiro.
E este domingo, día 6 de abril, celebrarán o Días das Tortillas no Restaurante Louzao, de Area. Terra de Viveiro anuncia que comerán “tortilla e variado menú con sobremesa” e tamén haberá unha “actividade previa: visita á exposición de Xosé Luis Neira Brochs ás 13:00 horas na Biblioteca Municipal de Viveiro (Sala de Exposicións)”.
Para desprazarase á comida a saída será ás 14:00 horas desde a Estación de Autobuses de Viveiro. Os tickets para participar cómpranse en Aquilino Mapfre...
O Seminario de Estudos Terra de Viveiro organiza unha viaxe a Allariz (Ourense) para o día 16 de febreiro, domingo. A saída será ás 8 da mañá dende a Estación de Autobuses de Viveiro.
Os lugares de interese que visitarán son os museos do coiro, do liño e do xoguete; o convento de Santa Clara e a igrexa de San Benito; e o río Arnoia. E xantarán no restaurante Bella Vista con degustación de cocido do Entroido.
O prezo para as persoas asociadas do colectivo é de 45 euros e as que non o son deben pagar 50 euros.