A Comisión de Festas de Santo Tomé (Lourenzá) organiza unha cea baile para o 12 de abril

A Comisión de Festas de Santo Tomé, parroquia do concello de Lourenzá, organiza unha cea baile para o día 12 de abril, sábado. Celebrarase no pavillón desde as 22:00  horas. Explican que é un “evento para xuntar diñeiriño para a festa”.

O menú está composto por callos, costela asada, sobremesa, bebida e café. E da música encargarase o dúo Tropical.

Os tickets para participar están á venda nos establecementos Casa Gayoso, Cafetería Baos, Morrigan, Torreón e O Xiraldo. Tamén se poden mercar a través dos membros da comisión de festas.