Europa
A Asociación de Profesores de Automoción de Galicia inicia un proxecto europeo sobre hidróxeno verde aplicado principalmente a vehículos con outros tres socios de Turquía, Italia e Portugal. A primeira xuntanza de traballo terá lugar a principios do vindeiro mes de febreiro en Lisboa.
O presidente de Apaga, Álvaro Doural, contou que “neste momento, dentro do proceso de internacionalización que levamos a cabo desde hai uns anos, imos poñer en marcha agora, a inicios de 2024, un proxecto de innovación sobre o hidróxeno verde aplicado principalmente a vehículos. Preténdese elaborar unha serie de documentación e unha hidroxenera. É unha aposta moi clara polo tema do hidróxeno nos vehículos”.
Doural explicou que “imos traballar con 4 socios: un de Turquía; outro de Italia, concretamente da zona de Maranello, onde está...
leer másRibadeo acollerá do 13 ao 17 de novembro unha xuntanza do proxecto europeo de robótica no que participa Apaga. Ao encontro asistirán vinte profesores e alumnos chegados de Turquía, Polonia e Italia, que ademais visitarán centros de ensino e empresas e coñecerán a comarca e outras cidades como Lugo, Santiago e Avilés.
O presidente de Apaga, Álvaro Doural, contou que “esta é a última xuntanza deste proxecto europeo, que reúne a centros educativos de Turquía, Polonia e Italia. Nesta parte final hai un apartado dedicado á actividade cultural e visitas a empresas. Empezaremos o día 13, cando teremos un acto de acollida no local de Apaga. E despois, ás 10 da mañá, haberá unha recepción no Concello de Ribadeo, na que estará o alcalde. A continuación actuará un grupo de gaitas ribadense e pola tarde faremos unha visita cultural guiada polo casco...
leer másO Concello de Mondoñedo súmase á celebración do día de Europa a través da música. Con tal motivo terá lugar un concerto este mércores, 9 de maio, ás 12:00 horas, na Praza do Concello de Mondoñedo.
A Escola Municipal de Música de Mondoñedo xunto ao CEIP Álvaro Cunqueiro, o IES San Rosendo e o Centro Asistencial San Pablo e San Lázaro, interpretarán o himno de Europa, o himno da Alegría, un dos catro símbolos oficiais da Unión Europea.