Eventos

Etiquetas:
22/04/2025

O programa de viaxes gratuítas Coñece a túa provincia da Deputación de Lugo leva esta semana de viaxe a un total de 184 veciños e veciñas. Os participantes pertencen a oito colectivos dos concellos de Baralla, Abadín, Castro de Rei, Outeiro de Rei, Burela, Barreiros e Lugo, que descubrirán a comarca da Ribeira Sacra, A Ulloa, A Mariña, Lugo ou Sarria. 

As rutas desta semana iniciáronse este mesmo martes da man da Asociación Os Malugreiros, de Baralla, que comezaron a viaxe no Pazo de San Marcos;e a Asociación Coral Polifónica, de Abadín, que partiu do Mazo de Santa Comba. Ambos grupos escolleron o percorrido que os levará ata a Ribeira Sacra onde visitarán o Museo do Ferrocarril ou o Pazo de Tor, o conxunto monumental de San Vicente do Pino e o Centro do Viño da Ribeira Sacra. 

O mércores, os membros da Asociación...

leer más
22/04/2025

O mércores 30 de abril e o xoves 1 de maio desenvolveranse as actividades da XLV Festa da Troita da Pontenova, declarada de interese deportivo nacional, mellor evento deportivo de España 2022 e festa de interese turístico. Inclúe o XI Concurso de Salmón, o XVII Concurso Internacional de Mosca e o XLV Concurso Popular.

O mércores ás 09:00 horas haberá unha exhibición do escultor con motoserra Eugenio Linares; desde as 10:00, venta e exposición de novos materiais de pesca na Casa da Cultura; ás 19:00 horas, inauguración das novas pedras no Paseo do Pescador e seguidamente visita ó Museo da Pesca; ás 21:00, recoñecementos do CIT e imposición das Troitas de Ouro; ás 21:30 horas, pregón a cargo de Miguel Ángel Revilla; e ó remate apertura da caseta e degustación de troitas de Ribeira de Piquín. Tamén haberá verbena amenizada polas orquestras...

leer más
Etiquetas:
21/04/2025

A asociación Cabaleiros do Ouro organiza a súa segunda Ruta a Cabalo, que será este sábado, día 26 de abril, desde as 10:00 horas. Haberá pinchos, xantar, sorteos e agasallos e actuará DJ Balbin.

Para participar hai que inscribirse a través dos teléfonos 653.21.36.75 ou 637.32.32.73. O prezo é de 25 euros e o prazo remata este mércores, 23 de abril.

Etiquetas:
21/04/2025

Ourol celebrará a súa primeira Festa do Motor Clásico este sábado, día 26 de abril, a partir das 10:00 horas.

Está organizada polo Club Clásicos Viveiro, que anuncia: “o vindeiro 26 de abril esperámoste na explanada do Concello de Ourol para disfrutar da I Festa do Motor Clásico, cun plan cargado de música, motor e bo  ambiente. Teremos recepción de coches clásicos a partir das 10:00 horas; sesión vermú amenizada polo grupo Zona Zero; comida servida por Catering Seiramar; á noite xamón e chourizos gratis ata fin de existencias; e verbena amenizada polo grupo Zona Zero e Disco Móvil Olimpo. Ademais haberá sorteos, premios e moitas sorpresas para todos los asistentes. Reservas para a comida ata o 21 de abril nos teléfonos 659.109.730 e 660.108.438”.

Etiquetas:
21/04/2025

A parroquia de San Xorxe, no concello de Lourenzá, celebrará a festa na honra do seu patrón este sábado, día 26 de abril.

As actividades comezarán ás 13:30 horas con misa solemne e seguidamente haberá sesión vermú co dúo Belinda. A continuación terá lugar unha comida popular.

Tamén haberá sesión tarde noite amenizada polo dúo Belinda e a orquestra Metropolis. E rematará a festa coa actuación de Cosme DJ.

20/04/2025

O Valadouro celebrará a festa da Santa Cruz desde o día 25 ata o 27 de abril.

As actividades comezarán o venres 25 a partir das 22:00 horas cunha cea popular. Ao remate haberá verbena amenizada por Grupo Fénix e Discomóvil Conxuro.

O sábado celebrarase misa solemne ás 13:00 horas e despois procesión e sesión vermú a cargo da orquestra Salsarena, que tamén amenizará a verbena xunto á Discomóvil Conxuro.

E o domingo haberá misa solemne ás 13:00 horas e a continuación procesión e sesión vermú a cargo de Os Parentes.

A organización dos festexos anuncia que haberá carpa e inchables para os nenos/as.

Etiquetas:
19/04/2025

O sábado 26 de abril chega de novo a Festa do Berberecho de Foz, que o Concello organiza en colaboración co IES de Foz.

O programa deste ano comeza o venres 25 de abril ás 19 horas no salón de actos do Cenima coa charla de Xesús do Breogán titulado O enigma encriptado da Virxe do Carme de Foz e o pesqueiro Jesús Nazareno; e ao rematar inaugurarase unha exposición de pintura da artista ucraína Sofía Andrushebko. Ás 20.30 horas na Casa da Cultura poderase ver a obra de teatro As alumnas, que tamén conmemorará o Día do Libro.

O sábado 26 de abril na carpa do peirao de Foz ás 12 horas será o pregón da festa a cargo do conselleiro do Mar, Alfonso Villares Bermúdez, e a continuación haberá as actuacións musicais dos grupos folclóricos O Feitizo e A Subela e sesión vermú co dúo Primera Línea. A partir...

leer más
18/04/2025

O colectivo que agrupa aos veciños e veciñas de Burela que adornan as rúas con alfombras florais para a procesión na honra á patroa dos mariñeiros, a Virxe do Carme, organiza un cocktail baile para recadar fondos. Será o día 26 de abril, sábado, ás 22:00 horas no Hotel Nordés.

Os organizadores do evento anuncian que haberá “comida, música con DJ, sorteos e bailoteo”; e animan a recoller o ticket no Hotel Nordés para pasar “unha xornada divertida con sorteos e sorpresas”.

O prezo é de 35 euros por persoa, dos cales 5 son de donativo para a alfombra floral.

17/04/2025

A Cadeira, no concello de Trabada, celebrará os días 25 e 26 de abril a Romería de San Marcos, con feira anual de gando cabalar.

As actividades comezarán o venres 25 ás 13:30 horas con misa solemne e procesión. A continuación haberá sesión vermú a cargo da orquestra Salsarena, que tamén actuará na festa verbena, a partir das 20 horas, xunto ao grupo Los Adrianos.

E o sábado 26 ás 13:30 horas haberá misa solemne e procesión; despois terá lugar a sesión vermú co grupo Da Silva, que tamén actuará na festa verbena, a partir das 20 horas, xunto coa disco móbil The Sound Project, que estrea novo escenario.

16/04/2025

O Concello de Alfoz anuncia: “o vindeiro 26 de abril temos unha tarde chea de diversión, contos e sorrisos na Casa da Cultura de Alfoz, pensada para os máis pequenos e as súas familias”.

De 16:30 a 19:30 horas haberá Xogos no Día do Libro, que consistirá en “actividades variadas para gozar dunha tarde moi entretida”. E ás 19:30 horas, espectáculo Un libro baixo a almofada, da man de Caxoto, “ideal para público infantil e familiar”.

Son actividades para nenos e nenas de 3 a 12 anos, completamente de balde. Para asistir non fai falla inscrición.