Eventos
A Área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo recibiu máis de 150 solicitudes para participar no programa Da Escola á Granxa, que ofrece actividades de formación en granxas e proxectos de emprendemento no rural de distintos puntos da provincia.
Un cifra, xa superior á das últimas anualidades, que agardan incrementar ata o vindeiro 21 de abril, cando remata o prazo. O deputado de Rural Daniel García aproveitou os últimos días de vixencia da convocatoria para animar as anpas que aínda non o fixeron a sumarse ao programa, co que se financian as actividades e o desprazamento con achegas de ata 1.000 euros -100 anos máis que o ano pasado-.
Daniel García destacou “a ampla oferta educativa do programa, no que participan granxas de todas as comarcas con actividades produtivas moi diversas, nas que as nenas...
leer másA asociación Mulleres e Homes do Rural organiza na Pontenova unha procesión e unha cea o Xoves Santo, 17 de abril.
Ese día haberá misa ás 19:00 horas e procesión ás 19:30, acompañada pola Banda de Cornetas e Tambores da Asociación de Mulleres e Homes do Rural.
E a partir das 22:00 horas terá lugar no Local das Asociacións unha cea. Para participar hai que recoller previamente os tickets en Asesoría Esther ou na Cafetería do Tanatorio, ata este martes, 15 de abril.
A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza un percorrido pola Ruta dos Miradoiros do Navia, no municipio asturiano de Boal, para o día 26 de abril, sábado. A distancia a percorrer son 11 quilómetros, de Castrillón a Boal, e a dificultade é baixa. Ao rematar a camiñada os participantes xantarán nun restaurante.
A saída será ás 07:30 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 14:00 horas do xoves 24 de abril. O prezo é de 40 euros para os socios do colectivo organizador e de 45 euros para os que non o son.
O Teatro das Cortes, que está no lugar de Xestoso, na parroquia de Cabanas (O Vicedo) organiza unha xornada en lembranza ao artista Xosé Vizoso, recentemente falecido. Será o día 19 de abril, sábado.
As actividades comezarán ás 18:00 horas coa proxección da curtametraxe documental titulada Lembrando a Vizoso, de Arraianos producións e tamén haberá un coloquio titulado Xosé Vizoso e Sargadelos, co director do documental, Aser Álvarez
Ademais ás 19:30 horas o colectivo cultural Ollomao, de Barreiros, representará a obra de teatro O traballo de Andrea. Ao remate haberá unha conversa co director e o elenco do espectáculo.
A entrada é de balde para esta xornada organizada pola asociación cultural Volta e Dálle.
Música, teatro, presentacións de libros, exposicións, proxeccións e unha nova edición de Letras no Campo son as propostas culturais de Ribadeo para o segundo trimestre do ano. A axenda foi presentada pola concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo.
A edil ribadense dixo: “comezamos a presentación desta axenda cultural pola música. A EMMeD de Ribadeo continuará neste trimestre co seu ciclo de audicións das diferentes disciplinas que se imparten. Estas exhibicións fanse coa afán de difundir a actividade da escola, de espertar interese nun futuro alumnado e achegar as distintas disciplinas ao público xeral”.
Sanjurjo seguiu a relatar: “a música ten ademais outras propostas ben diferentes. Esta mesma fin de semana, hoxe, unha que inclúe a Beetle Judge e The Ninetines, que forma parte do xa afianzado ciclo do Galiñeiro...
leer másA asociación organizadora das Feiras e Festas das Quendas e das San Lucas, de Mondoñedo, anuncia que a pregoeira de As Quendas 2025 será Xulia Nogueira, directora do coro Mestre Pacheco e mestra de música da Escola Municipal O Pallarego.
O colectivo organizador dos festexos mindonienses explica que “Xulia Nogueira naceu en Lugo. Afeccionada á música dende moi cativa, titulouse en violonchelo polo Conservatorio Superior de Música de Santiago, dedicando a súa vida á arte e á ensinanza musical. A súa formación académica inclúe estudos avanzados en técnica vogal, educación musical infantil, improvisación musical e cursos de postgrao en Musicoterapia. Durante os seus primeiros anos de docencia participou activamente en cursos especializados como as Xornadas de Formación Orquestral da Xoven Orquestra de Galicia e dende o ano 1990 ata a...
leer másO Concello de Cervo anuncia que programa para esta Semana Santa actividades para todos os gustos e para todas as franxas de idade.
Este sábado, 12 de abril, a programación arrinca coa IX Foliada Nordestía organizada por A Rebolaxe, coa colaboración do Concello de Cervo. Con cantos de taberna desde o mediodía, un xantar popular, diferentes actividades durante todo o día, e concertos á noitiña de Xisco Feijóo, Tumba e Dálle e A Requinta da Laxeira.
Este domingo, día 13 de abril, terá lugar a II Ruta Cabalar organizada pola asociación Cabaleiros da Bidueira, coa colaboración do Concello de Cervo. A saída está prevista para as 10:00 horas do pavillón de San Román; haberá aperitivo para os participantes á metade da ruta que será duns 15 quilómetros aproximadamente, e sesión vermú e baile no polideportivo da man de...
leer másO Concello de Viveiro anuncia que a Biblioteca Municipal organizará nos meses de abril e maio tres iniciativas enmarcadas no programa Ler conta moito. Incluirán actividades para conmemorar o Día do Libro e do Día das Letras Galegas.
A sala de exposicións albergará o sábado 26 de abril, ás doce da mañá, A maxia dos libros, con Nami e O Mago da Boina. Será como celebración do Día do Libro.
Tamén haberá dúas actividades para conmemorar o Día das Letras Galegas: o venres 16 de maio desenvolverase Das pandeireteiras de Mens ás Tanxugueiras ás seis da tarde. O venres 23 de maio, ás seis da tarde, organizarase unha sesión de Bibliocanta para nenos de entre 3 e 9 anos.
Os interesados en participar nas actividades poden inscribirse na Biblioteca de Viveiro ou...
leer másO Concello de Burela presenta a súa programación especial para a Semana Santa, unha oferta variada de actividades culturais e turísticas que se desenvolverán entre o 15 e o 19 de abril. As propostas están abertas tanto á veciñanza como ás persoas visitantes, cun enfoque de posta en valor do patrimonio local.
Unha das principais atraccións será o Barco Museo Boniteiro, que permanecerá aberto do 15 ao 19 de abril. As visitas realizaranse en cinco quendas diarias: ás 11:00 h, 12:00 h, 13:00 h, 17:00 h e 18:00 h. Esta actividade permite coñecer de preto a tradición pesqueira local e o importante papel do norte na historia da vila. As prazas poden reservarse a través da páxina web: reservasbarcoboniteiro.burela.org
No ámbito natural programáronse as XeoRutas, que permitirán explorar a costa burelá desde unha...
leer másLourenzá acollerá esta vindeira Semana Santa diversas actividades: visitas guiadas ao mosteiro de San Salvador, a décimo sexta edición do torneo de baloncesto feminino Lourenzá en Xogo, e o festival musical Vilou Spring Fest coa actuación da orquestra Panorama.
As visitas guiadas ao mosteiro de San Salvador serán desde o luns 14 ata o sábado 19 ás 12:00 horas e o prezo é de 3 euros por persoa. Para participar hai que reservar previamente a través dos teléfonos 982.121.006, 982.147.156 ou 646.384.124 ou do correo electrónico lourenzaturismo@outlook.es. As entradas venderanse na Oficina de Turismo, que está no Centro de Interpretación da Faba.
O Vilou Spring Fest será o Xoves Santo, día 17 de abril no Campo dos Bolos, onde se instalará unha...
leer más