Celeiro de Mariñaos
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou hoxe en Barreiros na presentación da terceira Festa do Veciño de Celeiro de Mariñaos, que se celebra este sábado, 5 de abril.
A cita está organizada pola asociación de veciños e veciñas desta parroquia e conta coa colaboración da Administración autonómica. O obxectivo é xuntar á veciñanza nunha cea de confraternidade seguida de actuación musical e baile.
A organización instalará unha carpa para albergar as actividades, que comezarán coa cea ás 21:30 horas.
Arias destacou que a Xunta coopera con multitude de asociacións lucenses para impulsar todo tipo de propostas que fomentan a unión veciñal e revitalizan os barrios e os núcleos de poboación.
A parroquia de Celeiro de Mariñaos, no concello de Barreiros, celebrará a terceira edición da Festa do Veciño o día 5 de abril, sábado.
Haberá cea a partir das 21:30 horas e para participar as entradas véndense anticipadamente en Bar Xunqueira (Vilamar) e Casa Lozano (Celeiro) ata o 30 de marzo.
Despois da cea o baile estará amenizado por José Manuel, de Abanico.
Este evento está organizado pola Asociación de Veciños de Celeiro de Mariñaos, que destaca que para a celebración desta festa disporán de carpa.
O Grupo Humorístico Trípode representará a súa obra titulada A presa en Celeiro de Mariñaos, parroquia do concello de Barreiros, o día 18 de xaneiro, sábado.
Trípode Teatro anuncia: “convidados pola Asociación de Veciños de Celeiro de Mariñaos, visitaremos esta fermosa parroquia o vindeiro sábado 18 do presente mes de xaneiro para representar a nosa última obra, A presa. Será polas 20:00 horas no antiga escola da parroquia. Alí estaremos unha vez máis Melisa e Pitágoras, Pepita e Formigón, Amancio e Balbina, Greta e Bonifacio e a francesa Françoise, xunto coa nosa técnica de son Rocío. Pasaremos unha fermosa tarde de teatro en compañía de amigos. Unha boa maneira de pasalo ben xuntos. Grazas á Asociación de Veciños de Celeiro de Mariñaos por convidarnos”.