Eventos
A asociación veciñal O Torques, de Marzán (Foz), celebrará a vixésimo quinta edición da súa cea baile de irmandade o día 22 de marzo, sábado, a partir das 21:30 horas no restaurante O Rincón do Mis. Haberá música en directo, a cargo do dúo Epo-K e sorteo de agasallos.
As prazas son limitadas e o último día de venda de tarxetas será o luns 17 de marzo.
Volven as audicións da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo. En marzo serán os días 19 e 25
A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo impulsa cada curso escolar unha serie de audicións das diferentes disciplinas que ofrece o centro e nas que participa boa parte do alumnado. Neste 2025 terán lugar entre os meses de marzo e xuño.
O responsable do centro, Hugo García, dixo que “tanto para o alumnado como para as familias cremos que é un momento especial, de poñer en valor o traballo feito dentro da aula e, ao tempo, unha ocasión para achegar máis aló das catro parades da Escola, toda canta actividade leva a cabo o centro”.
Dende a vindeira semana e ata o mes de xuño a EMMeD de Ribadeo ten programadas un total de once audicións, dirixidas a toda a cidadanía. A audición do alumnado de oboe e saxofón será o próximo mércores, 19 de marzo, no Salón de Actos. Seguirán a audición do alumnado de...
leer másA parroquia ribadense da Devesa celebrará unha comida veciñal o día 13 de abril, domingo, na explanada do Círculo Habanero.
As actividades comezarán ás 13:30 horas cunha sesión vermú amenizada pola cantante Verónica Cambón. Ás 14:30 horas empezará a comida e seguidamente haberá sorteos e baile a cargo de Verónica Cambón.
Este evento está organizado pola Asociación de Veciños de A Devesa, coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Ribadeo.
O mércores 19 de marzo ás 14:30 horas celebrarase unha comida de Entroido en Riotorto, organizada polo Concello.
O menú é: sopa, cocido completo, postre, café e bebidas. Estará amenizada coa actuación do dúo musical Ángel América.
O prezo é 30 euros por persoa e para participar hai que apuntarse nos Centros Veciñais ou no Concello antes do 16 de marzo.
A décimo novena edición do Mercado de Primavera do Valadouro celebrarase o día 22 de marzo, sábado.
Será pregoado por Pepe Otero e os postos do mercado estarán abertos desde as 10:00 e ata as 19:00 horas.
Haberá música de rúa con Dambara, Amado Lar, Charanga Noroeste, Os Caliqueños, Los Támega e Festicultores. E concertos na Praza de Santa María, a cargo de Abóbriga e Nimbos
Tamén están programadas actividades familiares, de tarde, na praza: títeres con Mircromina Teatro, maxia co mago David Méndez e teatro infantil con Inventi. E tamén pola tarde no aparcadoiro municipal, a carón da piscina, haberá xogos tradicionais con Xotramu e paseos en poni.
A programación do evento inclúe ademais ruta de tapeo polos locais hostaleiros, demostración de oficios tradicionais, fotoenxebre, desfile de zocas e...
leer másA terceira edición das Xornadas Etnográficas da Mariña celebrarase en Barreiros desde o 30 de maio ata o 1 de xuño.
Haberá encontros, monográficos, exposicións, mostra etnográfica, concertos, foliada e moito máis.
Estas xornadas están organizadas por Tecedeira, que é un é un proxecto de investigación, compilación e divulgación das músicas de tradición oral. E conta co apoio da Área de Mocidade da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
A asociación veciñal da parroquia ribadense de Vilaframil organiza a súa primeira Festa do Entroido este domingo, día 16 de marzo, a partir das 17:00 horas.
Será na Escola de Vilaframil e estará amenizada pola charanga Aturuxo, de Ribadeo.
“Se ves co teu disfrace participas no sorteo de lotes de produtos e poderás sacar unha foto no photocall”, anuncia a organización.
Haberá merenda de balde para os socios do colectivo organizador e as persoas que non forman parte da asociación deberán pagar 5 euros.
A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza un percorrido pola ruta Fervenza de Belelle, no concello coruñés de Neda, para o día 22 de marzo, sábado. A distancia a percorrer son 11 quilómetros e a dificultade é baixa. Ao rematar a camiñada os participantes xantarán nun restaurante de Narón.
A saída será ás 08:00 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 20:00 horas do mércores 19 de marzo, chamando aos teléfonos 699.70.60.31 (Mahía) ou 658.09.71.33 (Miguel). O prezo é de 40 euros para os socios do colectivo organizador e de 45 euros para os que non o son.
O Concello de Viveiro organiza unha cea baile para celebrar o Día da Muller este sábado, 15 de marzo
O Concello de Viveiro organiza unha cea baile con motivo do Día Internacional da Muller. A cita terá lugar no restaurante Louzao, de Area, este sábado, día 15 de marzo, ás 22:00 horas.
“Trátase dunha noite de convivencia na que queremos recoñecer o traballo e o labor das mulleres do nosos municipio”, sinala a alcaldesa, Mariña Gueimunde.
As persoas interesadas en asistir poden mercar a súa entrada por 50 euros no propio restaurante a partir deste mércores, 12 de marzo.
Este martes foi presentada a vixésimo sexta edición da ruta cabalar que vai ter lugar o vindeiro domingo, día 16 de marzo, por diferentes paraxes do concello de Xove e que cada ano organiza a Asociación Equina A Medela. No acto participaron o presidente da asociación, Leandro Quelle, acompañado polo alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, e a concelleira de Agricultura, Gandería e Montes, María Dolores Meitín.
As actividades empezarán ás 10:00 horas cunha ruta que sairá do campo da igrexa de Sumoas, onde ás 14:30 horas terá lugar un xantar. Tamén haberá sorteo de agasallos.
Para participar hai que inscribirse e o prazo remata este xoves, 13 de marzo.