Tapeo
La Asociación de Comerciantes, Industriales, Servicios y Autónomos (ACISA) de Ribadeo felicita al restaurante Marinero tras haber sido elegida su tapa como la mejor del Ribadeo de Tapeo 2024 por parte del público.
Desde la directiva de Acisa “felicitamos al restaurante Marinero por este reconocimiento que le otorga el público del Ribadeo de Tapeo. Es un premio al trabajo bien hecho”. Y recuerdan que “su Homenaxe ao Cantábrico fue una de las tapas finalistas para el jurado profesional. Recordamos que de las diez finalistas ocho fueron presentadas por locales asociados a Acisa Ribadeo”.
Acisa reitera las felicitaciones “a todos los premiados en el Ribadeo de Tapeo 2024, organizado por el Concello, en especial a nuestros asociados. Las tapas del Parador de Turismo fueron elegidas por un jurado profesional como las...
leer másO evento gastronómico foi presentado pola concelleira de Turismo e Comercio, Marta Saiz, e polo alcalde, Dani Vega.
A edil ribadense contou que “o concurso de tapas Ribadeo de Tapeo dará comezo o vindeiro sábado, 20 de abril, e prolongarase ata o día 28. Serán 26 petiscos que escenifican o bo facer e a creatividade da hostalaría de Ribadeo”.
Saiz subliñou que “neesta edición queremos dar un paso máis e ligar a nosa gastronomía co territorio creando unha nova categoría de tapa máis sostible. E como primeiro paso quixemos establecer como requisito que os petiscos fosen elaborados nun 50% con produto local e que a organización comprobará a través da trazabilidade dos alimentos. Aproveito a ocasión para agradecer a colaboración de Eo Alimenta, que proporcionou asesoramento á hostalería e posibilitou unha rede de...
leer másDesde o CCH explican que “un ano máis seguimos ampliando a oferta de actividades da Semana Santa de Viveiro. Este ano o Juepeo do xoves 21 será o Tapeo de Cuaresma, unha iniciativa posta en marcha en colaboración coa Xunta de Cofradías da Semana Santa de Viveiro, e na que por suposto, ó ser un tapeo de Cuaresma ningunha tapa leva carne”.
E indican que “este ano volveremos a realizar as visitas guiadas polo Casco Histórico de Viveiro da man do historiador Xesús Martínez, tamén en colaboración coa Xunta de Cofradías de Viveiro. Esta é xa a duodécima edición, e cabe resaltar o éxito obtido nas pasadas edicións que fai que se repitan un ano mais. Durante estas datas de afluencia de visitantes a Viveiro parécenos moi interesante ofrecerlles a posibilidade de coñecer a cidade por medio destas visitas guiadas e de xeito gratuíto. O obxectivo é...
leer másA concelleira de Promoción Económica, Marta Saiz, comentou que “un ano máis Ribadeo acolle o seu concurso de tapas. O evento, promovido pola Área de Promoción Económica, Iniciativa Empresarial, Turismo e Comercio, presentase como unha oportunidade fantástica para que os bares e restaurantes ofrezan o mellor da súa cociña concentrado nun par de bocados. E, á súa vez, serve para afianzar a calidade gastronómica de Ribadeo”.
A edil ribadense explicou que “o concurso dará comezo o día 20 de abril prolongándose ata o día 28 de abril. O prazo de inscrición para os establecementos remata o 15 de marzo”.
Saiz subliñou que “como novidades este ano créanse novas modalidades de premios, como é o caso da tapa doce. Así os establecementos que estean interesados en participar desta modalidade poderán presentar ata un máximo de...
leer másOs días 15, 16 e 17 de marzo chegará a Trabada o Tapeo 2024, organizado polo Concello en colaboración coa hostalería do municipio.
O Concello de Trabada anuncia que “esta cita gastronómica permitirá degustar seis deliciosas tapas en diferentes establecementos a un prezo de 2 euros cada unha”. Taberna da Curuxeira ofrecerá cocktail de gambas e tamén filloas recheas de carne; o Mesón Camiño Norte servirá raxo de pavo con salsa piquillo e ademais salpicón de marisco; no Bar O Porfirio poderá probarse tosta de picadillo e tamén carrilleira con puré de pataca
O alcalde, Rubén García, anima á veciñanza "a desfrutar da gastronomía e do produto local participando nesta iniciativa".
O Concello de Ribadeo quere aunar a sostibilidade e a gastronomía e para elo creará unha nova modalidade de premio. Será a tapa máis sostible dentro do concurso de tapas Ribadeo Tapeo, apostando así por alimentos de proximidade. Será unha iniciativa pioneira que se levará a cabo contando coa asociación Eo Alimenta.
A concelleira de Promoción Económica, Marta Saiz, indicou que “nesta nova edición damos prioridade á sostibilidade, pois é unha aposta clara de futuro que influirá de forma positiva na nosa comunidade e na economía local. Queremos iniciar e establecer unha rede de contactos entre as persoas hostaleiras e as persoas produtoras da zona. Así creamos a categoría de tapa sostible na que un dos requisitos será que a tapa esta elaborada nun 50% con ingredientes procedentes da proximidade”.
A edil ribadense...
leer másHostaleiros de Ribadeo e Acisa acudiron á xuntanza convocada hoxe polo Concello para preparar o Ribadeo de Tapeo, que se desenvolverá do 20 ao 28 de abril.
No encontro participaron o alcalde, Dani Vega, a concelleira de Turismo, Marta Saiz, así como as técnicas da Área de Desenvolvemento Local do Concello, organizador deste evento gastronómico.
O obxectivo do Concello era coñecer as inquedanzas, as suxestións e as opinións do sector sobre aqueles aspectos a mellorar.
Marta Saiz manifestou que “escoitando á hostalería é como se mellora e se innova no Ribadeo de Tapeo. E iso foi o que fixemos esta mañá falar, coñecer a súa opinión e mudar a data desta cita, que se desenvolverá do 20 ao 28 de abril. De aquí aló queda moito traballo por diante”.
O Concello convoca ao sector hostaleiro a unha xuntanza para preparar o Ribadeo de Tapeo 2024. Será o vindeiro luns, 26 de febreiro.
A concelleira de Promoción Económica e Iniciativa Empresarial, Marta Saiz, explicou que “desde o Concello xa estamos traballando no Ribadeo de Tapeo. E o que pretendemos nesta edición é mellorar e innovar estas xornadas, pero da man do sector. Por iso o vindeiro luns, 26 de febreiro, teremos unha reunión cos hostaleiros ás 10:30 horas na Casa de El Viejo Pancho”.
A edil ribadense anima a asistir a este encontro: “animamos a toda a hostalería a acudir e tamén a propoñer”.
Volta o Juepeo, os Xoves en Viveiro Tapeo. Este xoves 5 de Outubro arrinca unha nova edición desta campaña, trala parada nos meses de verán.
Serán 14 os participantes desta nova edición, O Muro Restaurante, Vinoteca Los Leones, El Tigre, Restaurante Casa Pepi, Cornelius, Mesón O Recuncho, O Rincón do Tronco, Asador La Quinta, Gastrobar Hotel Urban, Atlántico Gastrobar, Mesón A Ría, Pulpería O Panadeiro, La Tortilla Maravilla e como nova incorporación únese Las Delicias de Belkis, un local de recente apertura.
Ofrecerán tódolos xoves unha tapa ó prezo de 3€. Esta xa é a novena edición que se pon en marcha, unha iniciativa que foi moi ben acollida polo público e que pouco a pouco foi medrando e asentándose como a alternativa de ocio para os xoves. O obxectivo desta campaña é dinamizar os negocios de hostalaría do...
leer más- 1
- 2
- 3
- 4
- siguiente ›
- última »