Galego
A Biblioteca Maravilhas, que está na Escola de Arroxo (Lourenzá), acollerá un curso de galego gratuíto a partir de decembro.
O grupo promotor desta iniciativa explica: “estamos creando un grupo de persoas que non utilizamos o galego de forma habitual, para integrarnos na súa comprensión e poder expresarnos neste idioma, ben por interese persoal ou, dado o caso, por interese laboral, coa posibilidade de obter certificado CELGA. O grupo está coordinado e dirixido por Bernardo Penabade, profesor con ampla experiencia nese campo. Se hai persoas interesadas, sen límite de idade, podedes apuntarvos ou recibir máis información nos teléfonos 639.15.43.86 (Carlos) ou mediante whatsapp ao 638.41.85.45 (Rosa)”.
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo puxo en marcha Galegoza. A canción en galego, unha iniciativa coa que pretende dar a coñecer ao público máis novo a amplísima oferta musical no noso idioma e o momento excepcional que está a vivir o panorama musical no noso país.
O programa artéllase arredor dunha exposición que repasa o percorrido histórico da música en galego desde os anos sesenta, desde a música tradicional e a canción protesta do século pasado ata a variedade de estilos nos que se fai música en galego nos últimos anos: ritmos tradiconais revisados e actualizados, pop, rock, canción de autoría, experimentación e electrónica, músicas urbanas, hip hop ou rap.
Os 16 paneis que forman a mostra, comisariada por Pepe Cunha e deseñada pola directora de arte Belén Freijeiro, describen esta evolución a través das...
leer másAs dúas vindeiras semanas o cine será o protagonista. Volve o Ciclo Mestre Mateo en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual e a Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
A concelleira de Xuventude, Zoraida Coira, presentou a programación completa na que se poderá gozar das mellores películas e documentais deste ano, no que ademais haberá dous filmes para as/os máis pequenas/os.
Mércores, xoves e venres ás 20 horas para os documentais e películas e os domingos ás 17:30h para a animación infantil. A entrada é de balde.
O Concello de Cervo, en colaboración coa Federación Galega de Kárate, acollerá o XIII Campionato Galego de Nihon Tai-jitsu o vindeiro sábado, 27 de maio.
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares e o edil de Deportes, David Rodríguez, presentaron o evento acompañados do director do departamento de Taijitsu da Federación Galega de Kárate, Miguel Ángel Rojo, veciño tamén do municipio.
A representación mariñana estará conformada por uns 20 participantes, uns 40 en total, que competirán nas modalidades de kata e Goshin Sobu nas categorías infantil, benxamín, xuvenil e sénior.
A proba disputarase a partir das 11:00 horas no Pavillón do CEIP Península da Paz.
Haberá trofeos e medallas para os tres mellores de cada categoría.
O día 20 de maio, sábado, desenvolverase en Xove a fase intermedia para a zona norte do Campionato Galego de Fútbol 8 en categorías alevín, benxamín e prebenxamín. Será no campo de fútbol municipal e no anexo de 09:45 a 20:30 horas.
Participarán 30 equipos, 10 por cada categoría, dos que se clasificarán para a fase final os dous primeiros.
Este evento deportivo está organizado pola Unión Deportiva Xove coa colaboración do Concello de Xove.
O Concello de Cervo, en colaboración coa Federación Galega de Kárate, acollerá o XIII Campionato Galego de Nihon Tai-jitsu o vindeiro sábado, 11 de xuño.
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares e o edil de Deportes, David Rodríguez, presentaron o evento acompañados do director do departamento de Taijitsu da Federación Galega de Kárate, Miguel Ángel Rojo, veciño tamén do municipio.
Tal e como explicou o rexedor “dende o Concello tentamos diversificar toda a actividade deportiva que programamos, tentando dar cabida a un gran número de disciplinas, aproveitando as privilexiadas instalacións das que dispoñemos, como neste caso é o complexo deportivo da Veiga”.
Rodríguez e Villares incidiron en que o que “pretendemos dende o Concello é achegar a veciños e visitantes esta arte marcial de orixe...
leer másA Vicepresidencia da Deputación de Lugo e a Academia Galega do Audiovisual (AGA)dan un paso máis na súa colaboración para difundir o audiovisual galego cun ciclo de proxeccións das longametraxes finalistas dos Premios Mestre Mateo en Foz, Vilalba, Chantada, Sarria e A Pobra do Brollón.
Este circuíto de cinema galego comezará en marzo e proxectará unha película ao mes en cada unha das localidades, como sinalaron na presentación a vicepresidenta da Deputación de Lugo, Maite Ferreiro, e o guionista lucense e vicepresidente da AGA, Pepe Coira.
A colaboración consolida e amplía unha iniciativa que se puxo en marcha xa o ano pasado, con moi boa acollida entre o público, e que ten como obxectivo ofrecer unha programación estable de cinema en galegoen concellos que non teñen salas comerciais.
En...
leer másO Pavillón da Veiga acollerá este sábado 19 de xuño, a partir das 17:00 horas, o II Campionato Galego e Interautonómico de Taji Quan, nas modalidades individual e por parellas.
O evento foi presentado polo concelleiro de Deportes David Rodríguez, e polo Director do Departamento Galego de Taiji Quan da Federación Galega de Kárate e D.A., Miguel Ángel Rojo, que organiza o evento.
Na cita competirán máis de 100 deportistas, de idades comprendidas entre os 20 e os 80 anos, que proveñen das catro provincias galegas –no caso da competición autonómica- e do País Vasco, Madrid, Castela e León, Cantabria e Asturias, para o interautonómico.
A competición, como xa se apuntou, será na modalidade individual e por parellas, e o método de arbitraxe será por eliminatorias por bandeiras, con repesca....
leer másA película O que arde, de Óliver Laxe, vaise proxectar a vindeira semana en Ribadeo. O día 15 haberá un pase para os centros de ensino e ao remate o director participará nun coloquio cos asistentes e o 17 de outubro será o pase para o público xeral, segundo anunciou hoxe a concelleira de Cultura, Pilar Otero.
A edil ribadense dixo que “no Concello de Ribadeo, a través da Concellaría de Cultura, xestionamos a presenza nos cines comerciais a proxección de O que arde, a película de Óliver Laxe, que está a ter un grande éxito de crítica e público, de feito temos moita xente preguntando por ela”.
Pilar Otero sinalou que “se trata dun filme galego que acadou o premio do xurado no Festival Internacional de Cannes 2019 e tamén recentemente foi premiado no Festival de San Sebastián. Supoño que de aí ven todo este...
leer másO ciclo titulado "Emocionate en galego" preséntase no Teatro Pastor Díaz de Viveiro os días 10 e 17 deste mes de novembro.
O día 10, haberá dúas sesións, ás 18:30 e as 20:30 horas. A primeira película será "Maimiño" de Ernesto Padrón e Ficción Producciones. Tamén o venres 10 proxectarase "Os días afogados" de César Souto Vilanova e Luís Avilés Baquero, e Amanita Films.
O 17 de novembro rematará este ciclo co film "Fíos fóra" de Illa Bufarda e Amarante Setem. Será a partires das 20:30 horas.
Esta actividade está promovida polo Concello de Viveiro e a Xunta de Galicia.