cea baile

14/12/2024

O Club Deportivo Alfoz organiza unha cea baile que se celebrará o día 21 de decembro, sábado, no pavillón municipal.

O menú está composto por callos, costela asada, sobremesa, café, chupito, pan, auga e viño.

As actuacións musicais correrán a cargo de Juan de Celsa, ás 20:00 horas, e do dúo Estrellas, ás 24:00 horas. E tamén haberá sorteos.

Os prezos son: 25 euros para os socios, 28 euros para os que non os son e 15 euros para os nenos de 5 a 10 anos de idade.

Etiquetas:
13/11/2024

A Comisión de Festas do San Roque de Viveiro organiza unha cea baile de Nadal que se celebrará o día 21 de decembro, sábado. Será ás 22:00 horas no Hotel Resort Las Sirenas Thalasso Cantábrico. Actuará DJ Eventec ata as 03:00 horas e haberá barra libre e sorteos.

Os organizadores explican que “o Nadal é o momento perfecto para xuntarse cos teus, rir das anécdotas do ano, e lembrar todos os bos momentos que pasamos en familia e con amigos (e para sobrevivir ás historias do cuñado, claro). Por iso, a nosa Cea de Nadal é a mellor maneira de chegar con forza á Noiteboa! Este 21 de decembro anímate a vir ao Hotel Resort Las Sirenas Thalasso Cantábrico para gozar dunha noite máxica e moi especial! Anótate enviando un correo a comisionviveiroenfestas@gmail.com ou pásate polo Doce Bar (Praza...

leer más
12/11/2024

A comparsa Os Fandangueiros, de Alfoz e O Valadouro, celebrará a quinta edición da súa cea baile o día 30 de novembro, sábado, ás 21:30 horas no pavillón polideportivo de Alfoz.

A organización do evento anuncia: “a cea estará servida polo catering Chao da Brea e contaremos con Belinda e Conxuro DJ para amenizar a noite; ademais teremos sorteos e moitas ganas de festa. Para anotarvos poderedes contactar por teléfono (último día para facelo é o 26 de novembro) con Laura (679.566.111) ou Natalia (603.670.661). A partir das 00:00 horas libre acceso a todo aquel que queira acercarse a desfrutar da festa. Animádevos”.

10/10/2024

O colectivo que elabora a alfombra floral de Burela organiza unha cea para o día 19 de outubro, sábado. Será no Hotel Nordés ás 22:00 horas.

A cea estará amenizada por DJ Tomás e sortearase unha cesta de peixe valorada en 250 euros, doada por ABSA. Os tickets, cun prezo de 40 euros, para asistir están á venda no Hotel Nordés.

“Anímate e únete a compartir unha divertida velada”, di a organización.

06/10/2024

O día 26 de outubro, sábado, ás 21:30 horas no pavillón de San Cosme de Barreiros terá lugar unha cea baile organizada pola comparsa Habelas Hainas.

“Comida, música, agasallos... e sobre todo moita festa. Dádelle a voz de alarma a un dos integrantes da comparsa ou poñédevos en contacto (antes do día 21 de outubro) para a reserva das entradas nos seguintes teléfonos: 666.820.228 ou 647.086.991”, anuncia a comparsa Habelas Hainas.