Trabada
O Concello de Trabada organiza unha festa o sábado 10 de maio na Praza do Concello, cunha noite de música e diversión para todos os públicos maiores de idade. O evento, que comezará ás 23:00 horas, contará coa actuación da Orquestra New York, dentro da súa xira Un paso adelante, e a sesión especial do DJ convidado Marcos Magán. A festa celebrarase nun recinto cuberto con carpa para garantir a comodidade dos asistentes.
O alcalde de Trabada, Rubén García, destaca a importancia deste evento no calendario festivo local: “esta festa era antes coñecida como a Festa da Xuventude, pero agora está dirixida a todos os públicos maiores de idade. Queremos que os nosos veciños e veciñas poidan desfrutar das mellores orquestras nunha data diferente ás festas patronais, que adoitan ser máis complicadas de organizar."
O...
leer másO grupo teatral A Adala, de Fazouro (Foz), representará a obra titulada Unha morta moi viva este sábado, día 5 de abril, as 21:00 horas na Casa da Cultura de Trabada. A entrada é de balde.
O Concello de Trabada anuncia que é “unha comedia chea de sorpresas que non podes perder. Vén gozar do mellor teatro afeccionado!”.
A presentación do cartel da VI Festa da Enfariñada marca o inicio da conta atrás para unha das citas gastronómicas máis esperadas de Trabada. O evento, que se celebrará o domingo 4 de maio na Praza do Concello, rende homenaxe a un dos pratos máis tradicionais da zona: a enfariñada.
O alcalde de Trabada, Rubén García, salientou a importancia desta festa para a promoción da gastronomía e das tradicións locais. “A Festa da Enfariñada é unha oportunidade única para poñer en valor a nosa cultura culinaria e atraer visitantes ao noso concello. Estamos seguros de que esta edición volverá ser un éxito”, afirmou.
A partir das 12:00 horas do 4 de maio os asistentes poderán degustar a enfariñada, un prato elaborado con ingredientes básicos como ovos, leite, auga, fariña e sal. Como novidade, nesta edición ofreceranse...
leer másLa asociación de vecinos San Julián de Sante, parroquia del municipio de Trabada, organiza un curso de apicultura que se llevará a cabo los días 12 y 13 de abril, sábado y domingo. Se desarrollará de 9:30 a 13:30 y de 16:00 a 19:00 horas.
El precio es de 35 euros por persona y el aforo es limitado. Las inscripciones se hacen a través del teléfono 636.024.263.
En esta actividad colabora el Concello de Trabada, que anuncia: “descubre o fascinante mundo das abellas e aprende sobre a produción de mel nun curso único. Non perdas a túa praza!”.
O Concello de Trabada e a asociación Trabada paso a paso continúan co ciclo de roteiros "Coñece Trabada" cunha nova andaina programada para o domingo 13 de abril. Nesta ocasión, a ruta percorrerá o treito comprendido entre O Castro e a Ría de Abres, cunha distancia total de 8 quilómetros e unha dificultade baixa, apta para todos os públicos.
A saída terá lugar ás 10:00 horas dende a Praza do Concello de Trabada, e ao remate da camiñada, os participantes poderán desfrutar do TapEO de Trabada, ofrecido nos bares do municipio.
O alcalde de Trabada, Rubén García, destacou a importancia desta iniciativa para dar a coñecer o patrimonio natural da zona: “seguimos apostando por actividades que nos permitan gozar do noso entorno e poñer en valor os nosos camiños e paisaxes. Esta segunda ruta será unha nova oportunidade...
leer másO Concello de Trabada anuncia a celebración do evento gastronómico Trabada Tapeo 2025, que terá lugar os días 11, 12 e 13 de abril. Esta iniciativa busca promover a hostalería local e dinamizar o municipio a través da gastronomía. Participan os tres establecementos da localidade: A Taberna da Curuxeira, Mesón Camiño Norte e O Porfirio. Todas as tapas terán un prezo de 2,50 euros.
O alcalde de Trabada, Rubén García, destacou a importancia deste evento para a economía local: "É un impulso para os nosos establecementos hostaleiros, ao tempo que converte o noso concello nun punto de encontro gastronómico. Queremos que tanto os veciños como os visitantes gocen da nosa riqueza culinaria e axuden a dinamizar a nosa vila".
O evento está organizado polo Concello de Trabada “dentro da súa aposta polo turismo e a...
leer másO Concello de Trabada reafirma o seu compromiso coa dinamización social e cultural do municipio a través da colaboración con diferentes asociacións e clubs locais. Neste sentido colabora coa Asociación de Veciños de Sante na organización dos Xogos e actividades de Pascua, un evento pensado para a diversión da xuventude que se celebrará o próximo 6 de abril ás 16:30 horas en Sante (Trabada).
O evento inclúe diversas actividades como a decoración e busca de ovos de Pascua, ademais de xogos recreativos e un taller de graffiti dirixido a mozos e mozas de entre 7 e 18 anos. Para participar nesta última actividade, cada asistente deberá levar o seu propio spray de auga. O custo de inscrición é de 5 euros.
As inscricións permanecerán abertas ata o 4 de abril e poden realizarse a través do teléfono 696.266.162....
leer másTrabada celebrará a súa festa de Carnaval este sábado, día 15 de marzo, e o prazo para inscribirse no desfile remata este xoves.
O desfile empezará ás 18:00 horas e para participar “hai que inscribirse online ata o dia 13 de marzo no formulario Entroido 2025 (Facebook A.C. O Picato) e enviándoo ó mail asociacionculturalopicato@gmail.com. A recollida de dorsais farase o sábado de 16:00 a 17:00 horas”, explica a Asociación Cultural O Picato, que organiza o evento coa colaboración do Concello de Trabada.
Haberá verbena, amenizada polo grupo Zona Zero e o DJ The sound Project. A entrega de premios será a partir das 00:00 horas e sortearanse cestas.
A Asociación de Veciños San Julián de Sante continúa co seu ciclo de formación centrado no desenvolvemento e aproveitamento da froita. Dentro deste programa, o vindeiro 8 de marzo celebrarase un curso de enxerto no Teleclub de Sante en horario de 10:00 a 19:30 horas.
Esta xornada está deseñada para ensinar técnicas de enxerto que permitan mellorar o desenvolvemento e a produtividade das árbores froiteiras. A formación será impartida por expertos na materia e combinará explicacións teóricas con demostracións prácticas para que os participantes poidan aprender de forma aplicada.
O curso enmárcase dentro do ciclo formativo que xa contou cun de poda e que continuará con formacións en apicultura e elaboración de marmeladas, completando así unha proposta integral para fomentar o coñecemento e aproveitamento dos recursos...
leer más