O teleclub da parroquia de Vilaformán, no concello de Trabada, acolle esta semana o evento titulado "Cine do Eo", con varias actividades abertas á veciñanza, organizadas pola Asociación Cultural Veiguello, de Vilaformán, coa colaboración do Concello de Trabada.
O mércores, 3 de xullo, haberá un taller de dixitalización, retoque e edición de fotos, no que se lle pide ás persoas asistentes que leven imaxes que conten algo da comarca. Celebrarase tamén un creadoiro de guionización, gravación e montaxe de películas de cine, neste caso dirixido a estudantes de cine.
O xoves 4, desde as 22:00 horas, celebrarase un encontro coa veciñanza con pinchos e música, da man do acordeonista Vadim Yukhnevich.
“É unha satisfacción para o Concello que podamos acoller estas actividades, abertas á veciñanza e con profesionais especializados na fotografía e o cine”, asegura o alcalde, Rubén García, quen engade: “ademais tanto o taller como o encontro veciñal serán nun espazo recentemente reformado polo Concello, un teleclub para dar servizo á veciñanza da parroquia de Vilaformán, axudando a dinamizar a súa vida social con diferentes actividades”.