Do 1 de xullo ao 29 de agosto volven as visitas guiadas á lonxa de Burela

Do 1 de xullo ao 29 de agosto volven as visitas guiadas á lonxa de Burela, un xeito de coñecer todas as especies que capturas os barcos dun dos portos máis importantes do Cantábrico. O 1 de xullo será ás 18:30 horas e o 2 de xullo ás 19:30 horas. 

É preciso reservar praza en rutadopeixe.burela.org

O Concello de Burela ofrece ademais durante o verán visitas ao barco museo Reina del Carmen, á Moncloa, a unha conserveira, á igrexa de Vila do Medio así coma un interesante programa de xeorutas. Todo a información está dispoñible en www.burela.org