Xullo

Etiquetas:
01/07/2024

A asociación Camiñantes e Camiños, de Barreiros, organiza un ano máis a Romaría de Santo Estevo do Ermo, que terá lugar este sábado, 6 de xullo. 

O presidente do colectivo, José Manuel Gómez Puente, explica que “a Romaría de Santo Estevo do Ermo é unha tradición de moitos anos que os veciños e veciñas de Barreiros teñen moi presente e por iso desde a asociación Camiñantes e Camiños a organizamos neste 2024 e preparamos un sábado cheo de actividades”. 

O programa deseñado para o 6 de xullo é o seguinte: “comezaremos cunha ruta de polo entorno de Santo Estevo ás dez da mañá. Os participantes recibirán como agasallo un sombreiro. Á unha do mediodía teremos misa cantada polo Coro Airiños do Mar e logo procesión. Despois ás 13:30 horas degustación de sardiñas á que seguirá a sesión vermú ás 14:00 horas con The Sound...

leer más
Etiquetas:
16/03/2024

A novena edición do Ribadeo Indiano terá lugar do 12 ao 14 de xullo. Así o confirmou o alcalde, Daniel Vega.

O rexedor dixo que “comeza a conta atrás para a celebración do Ribadeo Indiano 2024, que será a segunda fin de semana do mes de xullo, dos días 12 ao 14”.

Vega indicou: “sabemos que esta cita esperta moito interese e queremos que a xente vaia planificando a súa axenda e facendo as reservas correspondentes nos hoteis e nos restaurantes da nosa vila”.

O alcalde subliñou que “o Ribadeo Indiano é a fin de semana máis importante do ano para o sector hostaleiro e da restauración e unhas datas moi importantes tamén para o comercio”. 

E engadiu: “a organización do Ribadeo Indiano botará a andar nuns días. Concello e Acisa imos iniciar as xuntanzas de traballo para...

leer más
Etiquetas:
16/06/2022

Presentouse na Praza de San Marcos de Lugo o Festival MindoMúsica que se celebrará do 3 ao 10 de xullo en distintos emprazamentos do concello de Mondoñedo, desde a Catedral ata as parroquias do rural, achegando a música a todos os públicos con concertos en pequeno formato,  actividades divulgativas  e espectáculos interdisciplinarios.

A coordinadora do festival e violinista Rebeca Maseda explicou que unhas das novidades e apostas desta cuarta edición é “a incorporación ao festival doutras artes, con espectáculos nos que a música dialogará con outras disciplinas como a danza, a performance ou a videocreación”, afondando no obxectivo do festival de propoñer unha oferta cultural de calidade no rural.

O programa arrancará o domingo 3 de xullo co Parroquias Tour,  con concertos da formación EnClave Poético -César Morán...

leer más
Etiquetas:
03/07/2021

O Concello de Foz comeza esta fin de semana a programación cultural do mes de xullo, que inclúe cine, teatro e música.

A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia que “o verán chega a Foz e este énchese de diferentes actividades para pequenos e maiores. Todas elas actividades respectarán os protocolos COVID para manter a máxima seguridade nas mesmas”.

Inés López especifica que “no pavillón do colexio Número 1 ás 21 horas haberá teatro todos os martes. As obras deste mes de xullo serán o día 6 coa compañía Galitoon que nos presenta The Show Moscón, o día 13 Producións Dispersas tráenos Tódalas marabillas do mundo, o día 20 Gazafhellos amosaranos a Pinocho e o día 27 contaremos coa compañía Fantoches Bah coa obra Os Romeiros do caracol.

A edil de Cultura engade que “tamén volverá o...

leer más
Etiquetas:
18/07/2017

A asociación de veciños Burgo de Trasbar organiza dúas camiñatas na última semana de xullo. A primeira delas o martes, día 25, Camiño a Sargadelos. A saída será ás 10:00 horas do local social da asociación, e o prazo de inscrición remata o domingo 23 de xullo.
Ademais a asociación de veciños Burgo de Trasbar organiza unha ruta xunto cos de Rúa, o 29 de xullo ata o Pau da Vella.

A saída é ás 9:30 horas do local social de Trabar, para xuntarse despois cos veciños de Rúa na Caseta dos Cazadores, e dende alí subir xuntos ata o Pau da Vella. Á volta haberá unha comida na Caseta dos Cazadores organizada polas dúas asociacións.
O prazo de inscrición remata o martes 25 de xullo. A organización lembra levar zapato e roupa cómodos.

 

Etiquetas:
10/07/2017

O Concello organiza durante este mes de xullo varias actividades para veciñ@s e visitantes. Seguirán as Xeorutas polo Perdouro e A Marosa, e tamén a Ruta do Peixe. Haberá ademais cine ao aire libre, a semana de jazz, a segunda carreira nocturna Burela Bonita, a feira de antigüidades, a Festa Castrexa e a Romaría do Monte Castelo. Este ano como novidade, está programada unha ruta en kayaks pola costa de Burela a finais de mes. Estas actividades eran presentadas este mediodía polo alcalde, Alfredo Llano, e os concelleiros de Turismo, de Medio Ambiente e de Cultura, Ramiro Fernández Rey, Noelia María Ben e José Díaz.

O edil de Turismo e Deportes declarou que “no día de hoxe no Concello de Burela vimos de presentar as actividades que temos programadas para o mes de xullo, organizadas por parte do Concello. É un traballo coordinado entre as...

leer más