Eventos

Etiquetas:
19/06/2024

Os establecementos asociados a Acisa repartirán 160.000 rifas entre o 21 de xuño e o 14 de xullo, xornada na que terá lugar o sorteo da viaxe a Cuba no marco do Ribadeo Indiano 2024. Será tras o remate do concerto que Vicente García ofrecerá na rúa San Roque. 

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, manifestou: “dende Acisa quixemos poñer os máximos recursos posibles a disposición dos nosos socios e socias para contribuír a facer o mellor Ribadeo Indiano posible e deste xeito dinamizar a economía local. E por iso neste 2024 volve o sorteo dunha viaxe para dúas persoas a Cuba. Somos conscientes do éxito que tivo esta iniciativa De Ribadeo a Cuba nas edicións pasadas e consideramos que non podía faltar este ano. Será a cuarta vez que desde o Ribadeo Indiano enviemos ás Américas a unha parella no mes de setembro. Dende Acisa estamos a...

leer más
Etiquetas:
19/06/2024

O deputado de Medio Ambiente, Carlos López, participou este mércores na presentación da VII edición da Romaxe Viquinga do Vicedo 2024, que se celebrará os días 26 e 27 de xullo. No acto, que se desenvolveu na Casa da Cultura do Vicedo, sinalou que a Deputación de Lugo achega preto de 30.000€ para esta festa que recrea na praia de Area Grande o desembarco normando e a loita contra as tropas do rei Ramiro I na praia de Area Grande.

“A Romaxe Vikinga é moito máis que unha simple representación histórica. É unha celebración da nosa identidade, unha mostra de como a nosa terra foi e segue sendo un lugar de encontro e convivencia de culturas”, sinalou Carlos López. Destacou o impacto “positivo” que esta cita ten na economía local porque “este evento atrae a visitantes de todas partes, o que se traduce en beneficios para o comercio, a hostalería...

leer más
Etiquetas:
19/06/2024

O Iberia Club de Fútbol homenaxeará ao futbolista Marcos, que se retira despois de xogar durante máis de 40 anos nese equipo. Será cun evento que se celebrará o día 30 de xuño, domingo, no Campo das Valgas, de San Miguel de Reinante, desde as 12:00 horas. Haberá partido de fútbol entre o Iberia FC e un combinado de ex xogadores do club e despois, ás 14:30 horas, xantar homenaxe.

“Temos o orgullo de anunciarvos o derradeiro evento da tempada. E este non podía ser outro que a merecida homenaxe ao noso gran capitán e a súa inigualable traxectoria. O título de One man one club quédase moi curto para o que representa Marcos Rodríguez Rañón para o noso club. Por iso non podíamos menos que, humildemente, tentar de facer unha despedida minimamente digna e á altura do que el leva dado no campo polo noso escudo. Así que agardámosvos a todos e todas...

leer más
Etiquetas:
18/06/2024

O Portiño de Morás, en Xove, acolleu esta tarde a presentación das dúas novas audioguías ficcionadas da Mancomunidade de Concellos da Mariña. Son as de Xove e Burela, que se unen ás outras sete xa estreadas hai tempo. No acto intervirona presidenta desta entidade e alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, o alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, a alcaldesa de Burela, Carmela López, a xefa de área de Turismo de Galicia en Lugo, Paloma Vázquez, e Xesús Ron, de Chévere Teatro.

Trátase dun produto turístico que, coma noutros casos, se realizou co participación dos respectivos Concellos, responsables de Concellerías e dos seus técnicos, historiadores e veciños que axudaron a transmitir a historia de cada lugar a Chévere (Premio Nacional de Teatro, 2014), quen se encargou de darlles forma.

Un produto turístico que, nesta...

leer más
18/06/2024

A delegación de Peregrinacións, piedade popular, santuarios e Camiño de Santiago da Diocese Mondoñedo-Ferrol, a través dunha comisión especial, será a encargada de organizar a peregrinación diocesana á cidade de Tui, co gallo da ordenación episcopal do ribadense Antonio Valín Valdés, ata o de agora vigairo xeral de Mondoñedo-Ferrol e nomeado recentemente bispo de Tui-Vigo.

A viaxe terá lugar o sábado 20 de xullo e o prazo de inscrición estará aberto ata o 24 de xuño, sen límite de prazas. O desprazamento farase en autocar, cun prezo aproximado de 35 euros por persoa, incluíndo a comida.

As persoas que desexen participar nesta peregrinación terán que contactar con calquera dos seguintes números de teléfono: zona da Mariña (Foz e Ribadeo), 678.312.109; zona de Ferrol, 639.903.393; zona de Terra Chá, 628.233.900;...

leer más
18/06/2024

O Colectivo Pensamento e Sementeira organiza o roteiro das herbas de San Xoán en Viveiro este sábado, 22 de xuño, desde as 10:30 horas.

“Dende o colectivo promovemos esta actividade vinculada coa recollida das herbas de San Xoán. Será a través dun roteiro de 6 quilómetros aproximadamente da man de Lucas Requejo, que nos explicará a econoloxía do noso concello durante eses quilómetros compartidos pola natureza. O roteiro sairá da Praza Maior o día 22 de xuño ás 10:30. Camiñaremos pola beira da Ría de Viveiro e enlazaremos co Paseo de Portochao. Á altura do hórreo de A Xunqueira desviarémonos á ruta dos Muíños, que enlazaremos co Camiño Real e remataremos voltando á Praza Maior pola porta do Valado. A dificultade da ruta é considerada media/baixa”, explica a organización.

As prazas son limitadas e é necesaria a...

leer más
17/06/2024

O Concello de Burela recibirá este mércores, día 19 de xuño, ao equipo masculino absoluto do Burela FS con motivo do seu ascenso á Primera División da Liga Nacional de Fútbol Sala. O equipo logrou o ascenso tras eliminar na final da súa categoría anterior ao UMA Antequera, gañando en Málaga despois de empatar a 5 goles cada equipo.

Os compoñentes do equipo sairán ás 18:00 horas do pavillón Vista Alegre, tras o cal percorrerán Burela en tren turístico. Ás 19:30 horas terá lugar a recepción na Praza do Concello, que será de novo no pavillón no caso de choiva.

A alcaldesa de Burela, Carmela López, transmite “os seus máis fondos parabéns aos xogadores do Burela FS masculino, que con este fito veñen de escribir un novo capítulo na historia do deporte burelao. Convido a toda a veciñanza a acudir a esta festa do deporte...

leer más
Etiquetas:
15/06/2024

O Concello acolleu a presentación do programa do IX Ribadeo Indiano. As vésperas e antevésperas arrincaron hoxe e prolongaranse ata o 6 de xullo, xornada na que terá lugar unha merenda campestre na Granxa Escola Pedro Murias e o concerto de Roi Casal. Ducias de actividades se desenvolverán do 12 ao 14 de xullo en Ribadeo e tamén na Devesa. 

No acto de presentación participaron as concelleiras de Turismo e Cultura, Marta Saiz e Begoña Sanjurjo, e a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. 
A concelleira de Turismo indicou que “hoxe presentamos o programa da IX edición do Ribadeo Indiano, un evento de carácter multidisciplinar que parte do feito da emigración, e que este ano terá o pracer de contar cunha pregoeira de excepción experta neste fenómeno Pilar Cagiao, que é profesora titular de Historia de América da...

leer más
15/06/2024

A asociación Camiñantes e Camiños, de Barreiros, rematará o vindeiro sábado, 22 de xuño, a súa peregrinación a Santiago por etapas semanais a través do Camiño de Inverno. O colectivo anima ademais a viaxar a Santiago a todas aquelas persoas da comarca que queiran pasar o vindeiro sábado na capital de Galicia. 

Camiñantes e Camiños realizará ese día a novena etapa do Camiño de Inverno, de nove quilómetros. A saída en autobús, desde as inmediacións do centro de saúde de San Cosme, está prevista para as 6:45 horas. 

O presidente da asociación Camiñantes e Camiños, José Manuel Gómez Puente, explica que “faremos eses nove quilómetros, entraremos na Catedral pola Porta Santa e asistiremos á misa do peregrino. Agardamos que poida asistir todo o grupo e así culminar como se merece esta peregrinación”. 

... leer más
14/06/2024

Entre as actividades da décimo primeira edición da Festa Castrexa de Burela haberá unha cea parrillada, que se celebrará o domingo, día 23 de xuño, desde as 21:00 horas na Praza do Concello.

“Vamos poder disfrutar dunha gran churrascada e sardiñada acompañada de fogueira e moitas outras actividades que iremos anunciando nos próximos días. Xa tedes dispoñibles os tickets de venta anticipada, a 8 euros, para a cea de San Xoán en Alain Afflelou, Peluquería Campón, Mercería Paca e Tienda Azor. Podedes conseguilos ata o vindeiro Xoves 20 de xuño. O mesmo día da festa o número de tickets (a 10 euros) que teremos á venta será moi limitado”, anuncia a organización, que corre a cargo da asociación Burela Castrexa.