Renacentista
Viveiro celebra desde este xoves, 4 de xullo, ata o domingo 7 de xullo a XVII edición do seu Mercado Renacentista. Haberá a representación do gran desembarco de Carlos V, numerosos postos de comida, obradoiros, …
"Esta tradicional cita do verán viveirense, celebrada a continuación do Resurrection Fest, contará con numerosas actividades para todas as idades", asegura a alcaldesa, María Loureiro.
O Concello de Viveiro anima á veciñanza a vestir os seus traxes renacentistas para a ocasión.
O Mercado Renacentista de Viveiro terá lugar do 4 ao 7 de xullo de 2024. O Concello de Viveiro informa sobre os trámites relacionados coa feira, como o préstamo de mesas e cadeiras, solicitudes de postos de artesanía e de colocación de mesas para ceas e comidas na rúa.
Trátase dunha programación que ten como obxectivo ambientar a vila con actividades culturais e musicais. A alcaldesa María Loureiro anima “a participar nesta xa tradicional festa, que é unha das citas máis destacadas do verán viveirense”.
Con respecto á celebración de comidas e ceas na rúa durante a xornada do sábado, atendendo á gran demanda de material dos últimos anos, o préstamo de mesas e cadeiras será unicamente para particulares.
Para o préstamo de material, é preciso que se presente unha solicitude por escrito no...
leer másO Concello de Viveiro anuncia as datas do Mercado Renacentista, que alcanza a súa décimo sétima edición os próximos días 4, 5, 6 e 7 de xullo e xa é unha cita cultural e turística de referencia en Galicia.
“O Mercado Renacentista é unha data especial para Viveiro, unha festa que pon en valor a nosa historia, o legado dos nosos antepasados, que involucra a toda a veciñanza e que serve tamén para dinamizar o noso comercio e hostalería”, indica a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.
Nos próximos días, o concello publicará o prazo para solicitar as cadeiras e mesas, así como a ocupación do espazo público da comida do sábado 6 de xullo.
O concello sacou a licitación a organización do Mercado Renacentista, que este ano corresponderá a unha nova empresa. O concello só cede os espazos sen ningún...
leer másO Concello de Viveiro celebra unha vez máis a tradicional feira renacentista. O evento comezará mañá, 6 de xullo, e rematará este domingo, día 9.
Esta tradicional cita do verán viveirense, celebrada a continuación do Resurrection Fest, contará con decenas de actividades cada día. O Concello anima á veciñanza a vestir os seus traxes renacentistas para a ocasión.
Entre as actividades que se celebrarán destaca a representación do gran desembarco de Carlos V, que terá lugar o venres día 7 ás 20:00 na praia de Covas.
Haberá tamén numerosos postos de comida, obradoiros, e tamén un tío vivo e unha cama elástica ubicados na praza da Igrexa, entre outras moitas citas.
Xa está dispoñible a información sobre o préstamo de mesas e cadeiras, solicitudes de postos de artesanía e colocación de mesas na rúa
O Concello de Viveiro presentará nos próximos días a programación da Feira Renacentista, que terá lugar do 6 ao 9 de xullo de 2023. Trátase dunha programación que ten como obxectivo ambientar a vila con actividades culturais e musicais.
O Concello de Viveiro adianta certos trámites relacionados coa feira, como o préstamo de mesas e cadeiras, solicitudes de postos de artesanía e de colocación de mesas para ceas e comidas na rúa.
Con respecto á celebración de comidas e ceas na rúa durante a xornada do sábado, todas as previsións apuntan ao incremento das comidas e ceas servidas polos locais de hostalería, ao que se suma que o material de titularidade...
leer másViveiro celebra esta semana o XIII Mercado Renacentista, que comeza hoxe, 7 de xullo, e se estenderá ata o próximo domingo día 10.
“Recuperamos esta cita tras dous anos de parón pola pandemia, pero cunha ampla oferta de actividades para todas as idades e gustos”, explica a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, quen subliña que a cita renacentista “é unha referencia tanto para a nosa cidadanía como para posicionar a vila turisticamente”.
O evento central do programa será o tradicional desembarco de Carlos V, que se celebrará o venres 8 de xullo ás 20:00 na Praia de Covas. Esta cita supón un elemento diferenciador do Mercado Renacentista de Viveiro respecto doutras recreacións históricas.
Entre os elementos máis vistosos do desembarco inclúense os tradicionais cabaleiros de Viveiro, os...
leer másO Concello de Viveiro retoma este ano unha das súas citas tradicionais do verán, a XIII Feira Renacentista, tras o parón obrigado pola pandemia do coronavirus.
Esta nova edición da feira e o mercado renacentista será os días 7, 8, 9 e 10 de xullo, tras a celebración do Resurrection Fest.
“A feira lucirá de novo con todo o seu esplendor e coa súa programación habitual, con actividades como o desembarco e as comidas na rúa”, explica a concelleira de Cultura, Lara Fernández-Noriega.
“É unha satisfacción poder recuperar a normalidade tras dous anos de pandemia, cun evento como este tan esperado por veciños e visitantes”, engade pola súa parte a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.
A XII edición do Mercado Renacentista de Viveiro celébrase dende este xoves 11 de xullo ata o domingo 14.
A apertura do mercado será ás 11:00 horas. Hoxe ás 20:30 horas no Teatro Pastor Díaz terá lugar o concerto que ofrecerá Lucus Ensemble, titulado O son do tempo.
Haberá visitas teatralizadas nas que Juan Ares realiza o percorrido contextualizando o patrimonio e os feitos históricos da vila nos tempos de Carlos V. O venres terá lugar ao remate do acto de benvida, e o sábado e domingo ás 11:00 horas.
Ademais o venres haberá xogos tradicionais nas inmediacións dos Castelos, entre as 18:00 e as 20:00 horas. A partir das 21:00 h., terá lugar o gran desembarco coa representación da chegada de Carlos I de España e V de Alemaña á praia de Covas. Posteriormente haberá unha exhibición de xustas...
leer másViveiro acolle a celebración dunha nova edición do Mercado Renacentista que se celebrará dende o xoves 29 de xuño ata o domingo 2 de xullo.
O programa comeza o venres ás 11:00, horas coa apertura do mercado, e durante toda a xornada haberá pasacalles, o duende travieso Luisete percorrendo o mercado, Recua Teatro con La Marquesa y su séquito ou concertos de rúa con Cornalusa. Ás 21:00 horas terá lugar o desembarco de Carlos V na praia de Covas, e o gran desfile de todas as compañías e participantes de regreso ao mercado.
O sábado 1 de xullo, o mercado volve cobrar vida ás 11:00 horas, e ao longo de todo o día haberá pasacalles, os bufóns da corte, acrobacias e cómicos para rematar ás 23:00 horas co Conjuro de Tregua con Bambolea.
O domingo 2 de xullo, o mercado permanece aberto desde as 11...
leer más