Parroquias
A concelleira de Benestar Social, Elena Sierra, explicou que “estamos de vuelta con el programa Preto de Ti. Dentro de unos días retomaremos los talleres memoria, la gimnasia, las manualidades y el taller sobre el uso del teléfono móvil”.
A edil ribadense dixo que “la inscripción para participar en las actividades de Preto de Ti estará abierta del 3 al 15 de septiembre. Las personas interesadas deben anotarse llamando a María, la responsable de este programa, al 625 104 274 en horario de nueve de la mañana a tres de la tarde”.
Sierra subliñou que “además esta temporada como novedad vamos a tener charlas sobre salud, que serán impartidas por la enfermera de nuestros Servicios Sociales. En esas charlas abordaremos cuestiones como las curas, los hábitos saludables o la nutrición, por poner unos cuantos ejemplos”....
leer másDesde Ollomao indican que “estamos arrancando a tope con actividades para esta primavera e para que non vos esquezades de ningunha, aí vos vai un resumo. Non están todas as que serán, pero sí as máis próximas. Na variedade está o gusto e temos para todos”.
O vindeiro domingo, 31 de marzo, ás 18 horas nas Escolas de Celeiro de Mariñaos terá lugar Botámoslle un conto? As rondallas de Celeiro.
Para o 7 de abril na Escolas Vellas de San Miguel de Reinante está previsto a presentación do obradoiro de teatro a partires das 17 horas.
E xa o 20 de abril Ollomao viaxará ata O Valadouro para representar O traballo de Andrea.
Este mércores, 27 de marzo, haberá un novo guateque de Arruguiñas, da man do Dúo Matices. Será nas Escolas Vellas de Cervo ás 20:00 horas.
Está organizado polo Concello de Cervo coa colaboración da asociación cultural Airiños do Xunco.
O Concello de Cervo pon en marcha unha serie de guateques itinerantes que achegarán música en directo os sábados ás diferentes parroquias, en colaboración coas asociacións de veciños de cada lugar.
Esta iniciativa, aínda que aberta á poboación en xeral, forma parte do programa integral de envellecemento activo “Arruguiñas” que arrincou este pasado mes de febreiro con gran éxito de participación e que inclúe talleres de memoria, talleres terapéuticos ou rutinas de exercicios para contribuír a dinamizar o día a día da veciñanza maior de sesenta anos e fomentar a súa socialización, para que se manteñan activos e activas físico e mentalmente.
Tal e como explicou a alcaldesa, queremos ofrecerlle á veciñanza que se atope nesta etapa de madurez todas as ferramentas e os recursos posibles para mellorar o seu...
leer másA asociación Fontes Claras organiza o Entroido na parroquia viveirense de San Pedro este sábado, 10 de febreiro, desde as 21:30 horas.
Será na Escola de San Pedro e haberá pinchos gratuítos, bebidas a prezos populares, premios para os mellores disfraces (nas categorías individual, parella e grupo) e música en directo a cargo do dúo Samba.
O Concello de Viveiro, a través da Concellería de Educación, organiza en colaboración co Conservatorio Profesional de Música de Viveiro o ciclo de concertos “Música nas parroquias”, que ten por finalidade levar a diferentes agrupacións do Conservatorio por todo o municipio.
O concelleiro Jesús Fernández Fernández destaca “o compromiso do Goberno local con levar a cultura por todas as parroquias con programas como este, que encherá Viveiro da mellor música”.
A alcaldesa, María Loureiro, sinala pola súa banda que o ciclo pretende tamén “promocionar e impulsar aos e ás artistas musicais viveirenses, visibilizando o seu enorme talento”.
O ciclo comeza este sábado día 13 de xaneiro, ás 20:30 na Casa do Forno de Celeiro. Actuará o grupo de música pop rock Brétema Band, pertencente á Asociación...
leer másMusiqueando polas Parroquias da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo chegará esta semana a Covelas.
Segundo explica o responsable da EMMeD, Hugo García, “continuando cun dos principais obxectivos do centro, que é ser motor socio-cultural do concello, a escola vén de programar esta pequena actuación en Covelas este mércores, 28 de xuño, ás 19:30 horas no pavillón de deporte, para que as persoas que non residen no casco ribadense, e lles poida resultar máis complicado asistir ás actividades que a EMMeD habitualmente programa, as poidan coñecer máis de cerca. Alí farase unha mostra do traballo que leva feito unha parte do alumnado do centro ao longo do curso”.
García engadiu que “este será o cuarto ano no que este programa se leva a cabo, polo que xa está incorporado dentro da programación anual do centro...
leer másO Concello de Mondoñedo arranca a terceira edición do programa As TIC Na casa, iniciativa que se empezou a desenvolver en todas as parroquias despois do confinamento, para achegar aos maiores o uso das novas tecnoloxías. Nesta edición levarase a cabo en Mondoñedo centro, Oirán, Sasdónigas e Viloalle. O programa comeza agora e durará ata finais de setembro.
O envellecemento da poboación é unha das maiores preocupacións dos galegos. Para abordar a relación das persoas maiores coas TIC, o programa As TIC na Casa emprega dúas perspectivas: como usuarios activos que as usan para realizar tarefas de todo tipo (lecer, formación, xestión administrativa etcétera), ou como usuarios perceptores de servizos de apoio á súa vida diaria, cunha necesidade de interacción mínima coa tecnoloxía ou mesmo sen interacción algunha. Por outro lado, apoia á...
leer másEsta fin de semana seguirá o ciclo Cultura nas Parroquias coas tres actuacións que ofrecerán As Cegas de Ouselle en Cinxe, Vilaframil e Piñeira.
A concelleira de Cultura, Pilar Otero, dixo que “en Ribadeo están programados para estes días tres concertos dentro do ciclo Cultura nas Parroquias, no que levamos traballando moitos anos”.
A edil ribadense explicou que “a formación As Cegas de Ouselle é a escollida para amenizar estas tardes da fin de semana. Este trío nacido no 2020 presenta unha viaxe musical e visual polo mundo das persoas cegas que tocaban nas feiras do pasado século. Trátase dunha mirada actual sobre as pezas da tradición galega con especial achegamento ás músicas portuguesas. Antón Castro, que pon a voz a toca a zanfona e voz, Aldara Palmeiro, violín e voz e Miguel Lustres, acordeón e voz, ...
leer másA Sala Bahía acollerá este sábado, día 15, ás 19 horas un monólogo de Federico Pérez, o popular actor, que é protagonista, entre outros, de Era Visto!, serie de humor da Televisión de Galicia. Esta actuación, enmarcada dentro do ciclo municipal Teatro nas Parroquias, realízase coa colaboración da asociación de veciños Torques de Marzán. A entrada será de balde.
E continuando este ciclo, o domingo 16 será a quenda de Pepo Suevos, que actuará na antiga Escola de San Acisclo ás 18 horas, tamén con entrada gratuíta. Esta actuación realízase en colaboración coa asociación de veciños Río Ouro, de San Acisclo.
A concelleira de Cultura, Inés López Couto, invita “a tod@s @s veciñ@s a desfrutar destas actuacións e a aproveitar o sábado completo visitando a Festa do Berberecho e a actuación pola noite da orquestra El Combo...
leer más