Viveiro celebra desde este xoves, 4 de xullo, ata o domingo 7 de xullo a XVII edición do seu Mercado Renacentista. Haberá a representación do gran desembarco de Carlos V, numerosos postos de comida, obradoiros, …
"Esta tradicional cita do verán viveirense, celebrada a continuación do Resurrection Fest, contará con numerosas actividades para todas as idades", asegura a alcaldesa, María Loureiro.
O Concello de Viveiro anima á veciñanza a vestir os seus traxes renacentistas para a ocasión.