Eventos
Mondoñedo celebra un Entroido de Verán o día 24 de agosto, sábado, a partir das 18:00 horas.
Será na Praza do Concello e haberá animación musical e premios para os mellores disfraces.
A segunda edición da Festa da Ría celebrarase xunto á lonxa de Ribadeo día 24 de agosto, sábado.
A Asociación Cultural e Lúdica Catro Caños, de Ribadeo, anuncia: “o pasado ano tivemos o pracer de celebrar xunto á Asociación de Percebeiros O Cerredo a primeira Festa da Ría na lonxa de Ribadeo, e vamos coa segunda. Festa para gozar dos marabillosos produtos locais que nos brinda a nosa ría ao son da mellor música tradicional”
A partir das 12:00 horas haberá degustación de mexillóns e ostras da Ría de Ribadeo, empanada e música en directo con Pandereteiros do Inferno, Tumba e Dálle e DJ Tralla.
Portocelo, en Xove, celebra as súas festas na honra da Nosa Señora. A fin de semana do 6 ao 8 de setembro, pequenos e grandes poderán desfrutar dunha programación cargada de actividades e música.
O venres, 6 de setembro, a festa do langostino e do churrasco ás 20:00 abrirá os festexos. Máis tarde ás 23:00 horas haberá festa rachada co Dúo Epo-K e a orquestra Galilea para non parar de bailar.
O sábado, 7 de setembro, comezará ás 10:00 coas bombas de palenque seguidas dunha misa solemne ás 13:00 horas. Despois ás 14:00 horas sesión vermú co Grupo Kalima 3.0. Xa pola tarde, campionato de bolos ás 18:00 horas. Por último, ás 22:30 horas gran verbena co Grupo Kalima 3.0, Disco móvil Conxuro e a orquestra El Combo Dominicano.
O domingo, 8 de setembro, de novo haberá bombas de palenque ás 10:00...
leer másO Concello de Xove e a asociación de festexos Montevelle presentan o programa oficial das Festas do San Bartolo e da Virxe do Carme, que terán lugar entre o xoves 29 de agosto e o luns 2 de setembro. Estes festexos contarán cunha ampla variedade de actividades para todas as idades.
O xoves, 29 de agosto, ás 20:30 horas darase inicio ás festas cun pregón no Salón de Actos a cargo de Lolita Barro, mestra en Xove durante moitos anos.
O venres, 30 de agosto, a partir das 20:00 horas celebrarase unha Sardiñada Popular animada pola Charanga NBA. Os tíckets estarán dispoñibles a 3 €. Pola noite, gran verbena coa actuación da orquestra Solara e o grupo América.
O sábado, 31 de agosto, pola mañá, pasarrúas coa Banda Naval de Viveiro e os cabezudos da Asociación Cultural Saíñas. Ás 13:00 horas...
leer másA parroquia focega de Vilaronte celebra o XLIX Festival do Emigrante os días 16 e 17 de agosto, venres e sábado, organizado pola Asociación Cultural e Deportiva O Castro.
As actividades comezarán o venres ás 20:30 horas co pregón a cargo de Dolores Teijeira Fernández. E ás 21:00 horas o grupo de teatro O Pedroso representará a obra “A inmortal”.
E o sábado ás 09:00 farase a ruta de sendeirismo O Castro – Barral - Espiñeira - O Castro. Ás 13:00 horas haberá misa e ofrenda floral na igrexa parroquial e ás 14:00 horas actuará o grupo de gaitas A Subela. Para as 17:00 horas están programados xogos tradicionais e ás 20:30 horas empezará unha cea, para rematar a xornada festiva con verbena amenizada polo dúo EpoK.
A Asociación de Veciños O Torques de Marzán organiza unha gran churrascada na explanada do Pavillón de Deportes Torques, de Marzán, o vindeiro 17 de agosto.
A cea comezará ás 20:00 horas. Nela, os asistentes poderán gozar de churrasco, chourizo, empanada, pan, viño e refrescos ademais de bailar con DJ Darío e D’Caché music. Todo isto por tan só por 15 euros. Por último, ás 00:00 horas, a gran queimada e o conxuro especial do Druída do Cu do Castro pecharán unha noite magnífica.
A Asociación de Veciños O Torques de Marzán conta coa colaboración do Concello de Foz, Escairo café-bar e Gadis.
A parroquia de O Pereiro, coa colaboración do Concello de Alfoz, da Deputación de Lugo e da Xunta, xa ten todo listo para homenaxear a Santa María do Pereiro os días 16 e 17 de agosto.
A celebración comezará o venres, 16 de agosto, ás 13:30 horas cunha misa solemne seguida de procesión. A continuación, Tania amenizará a sesión vermú co seu acordeón. Xa pola noite, Kalima 3.0 e Tania e o seu acordeón poñerán música á verbena.
O sábado, 17 de agosto, ás 13:30 horas haberá misa e procesión seguida dunha sesión vermú a cargo do Grupo Lume. Por último, Xilo e Carlos Manteiga xunto co Grupo Lume pecharán estas festas cunha gran verbena.
A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense retoma a programación de actividades de Xeoturismo, posto en marcha o pasado mes de decembro a través do Plan de Sostibilidade Turística 2022-2024, que está cofinanciado pola Mancomunidade, a Xunta de Galicia e a Secretaría de Estado de Turismo.
O 25 de agosto terá lugar unha xeoruta en barco ao Fuciño do Porco desde Viveiro, guiada polo xeólogo Fran Canosa. Esta actividade volverá programarse en setembro con data pendente de confirmación.
O acceso ao Fuciño do Porco desde a terra ata ese punto a través das populares pasarelas está pechado actualmente e ata novo aviso, polo que esta actividade é unha proposta única para poder coñecer de preto o Fuciño do Porco desde a perspectiva que tiñan os mariñeiros que o bautizaron con este nome, coñecer e entender moito mellor...
leer másO Concello de Alfoz, a través da Área de Xuventude, anuncia a celebración dunha nova edición de Noites de Campamento dirixida á mocidade nada entre os anos 2006 e 2011, sempre que non teñan cumpridos os 18 anos. Esta actividade desenvolverase os días 27, 28 e 29 de agosto e “ofrece unha excelente oportunidade para que as mozas e mozos do concello desfruten dunha experiencia inesquecible. Durante estes días, as persoas participantes poderán gozar dunha ampla variedade de actividades, incluíndo xogos, piscina, momentos de convivencia e moitas outras sorpresas que farán destas xornadas unha experiencia lúdica e educativa”.
O prazo de inscrición para participar nesta iniciativa estará aberto do 13 ao 20 de agosto. As solicitudes poderán presentarse nas oficinas de rexistro do Concello de Alfoz ou a través da sede electrónica.
... leer másA vila de Trabada xa está lista para celebrar como cada ano as súas festas na honra a Nosa Señora e San Roque. Os festexos terán lugar os días 14, 15 e 16 de agosto cun programa cheo de actividades para que todos e todas o pasen ben.
O mércores, 14 de agosto, ás 22:00, unha gran churrascada servida polo cátering Chao os Navais abrirá a celebración. Por tan só 25 euros (12 se tes menos de 10 anos) poderase desfrutar dun amplo menú que inclúe costela de porco e criollo, entre outras cousas. A cea estará seguida dunha verbena animada por BRF DJ.
O xoves, 15 de agosto, a xornada comezará ás 13:00 horas cunha misa solemne e sesión vermú coa orquestra Suavecito. Pola noite, gran verbena coa orquestra Suavecito, BRF DJ e The Sound Project.
O venres, 16 de agosto, ás 13:00 horas, haberá misa...
leer más