A parroquia de O Pereiro, coa colaboración do Concello de Alfoz, da Deputación de Lugo e da Xunta, xa ten todo listo para homenaxear a Santa María do Pereiro os días 16 e 17 de agosto.
A celebración comezará o venres, 16 de agosto, ás 13:30 horas cunha misa solemne seguida de procesión. A continuación, Tania amenizará a sesión vermú co seu acordeón. Xa pola noite, Kalima 3.0 e Tania e o seu acordeón poñerán música á verbena.
O sábado, 17 de agosto, ás 13:30 horas haberá misa e procesión seguida dunha sesión vermú a cargo do Grupo Lume. Por último, Xilo e Carlos Manteiga xunto co Grupo Lume pecharán estas festas cunha gran verbena.