Marzán
A asociación de veciños O Torques de Marzán, en Foz, organiza un curso de iniciación á fotografía. Desenvolverase os luns e mércores desde o día 7 ata o 30 de outubro en horario de 20:00 a 21:30 no local social O Pradovello. Será impartido por Francisco Lestegás e José Ángel Niño.
Esta actividade é para persoas socias e non socias do colectivo organizador e a participación é gratuíta.
A Asociación de Veciños O Torques de Marzán organiza unha gran churrascada na explanada do Pavillón de Deportes Torques, de Marzán, o vindeiro 17 de agosto.
A cea comezará ás 20:00 horas. Nela, os asistentes poderán gozar de churrasco, chourizo, empanada, pan, viño e refrescos ademais de bailar con DJ Darío e D’Caché music. Todo isto por tan só por 15 euros. Por último, ás 00:00 horas, a gran queimada e o conxuro especial do Druída do Cu do Castro pecharán unha noite magnífica.
A Asociación de Veciños O Torques de Marzán conta coa colaboración do Concello de Foz, Escairo café-bar e Gadis.
A asociación de veciños O Torqués, de Marzán (Foz), organiza unha viaxe a Ponferrada para o 11 de maio, sábado. A saída será ás 08:00 horas.
As prazas son limitadas e o prazo para retirar o ticket para participar remata o 6 de maio.
O socios do colectivo organizador deben pagar 35 euros e o prezo para as persoas que non pertencen á asociación é de 40 euros. Inclúe a viaxe de ida e volta de Foz a Ponferrada en autobús, visita ao castelo dos templarios, comida no restaurante La Taberna e entradas aos museos do Bierzo e da radio.
Será o vindeiro venres, día 26, ás 21,30 horas, na antigo local da báscula de Marzán, onde ten a súa sé a Asociación Torques de Marzán, en Foz.
“Os do grupo teatral O Centiño estaremos, como adoitamos facer, presentando a nosa última obra, A morte morrida, na que o pobre Crispín, que vén de xubilarse, perde o ánimo para seguir vivindo e comete o erro de identificar xubilación con morte”, explican desde o grupo de teatro.