Portocelo, en Xove, celebra as festas na honra da Nosa Señora do 6 ao 8 de setembro

Portocelo, en Xove, celebra as súas festas na honra da Nosa Señora. A fin de semana do 6 ao 8 de setembro, pequenos e grandes poderán desfrutar dunha programación cargada de actividades e música.

O venres, 6 de setembro, a festa do langostino e do churrasco ás 20:00 abrirá os festexos. Máis tarde ás 23:00 horas haberá festa rachada co Dúo Epo-K e a orquestra Galilea para non parar de bailar.

O sábado, 7 de setembro, comezará ás 10:00 coas bombas de palenque seguidas dunha misa solemne ás 13:00 horas. Despois ás 14:00 horas sesión vermú co Grupo Kalima 3.0. Xa pola tarde, campionato de bolos ás 18:00 horas. Por último, ás 22:30 horas gran verbena co Grupo Kalima 3.0, Disco móvil Conxuro e a orquestra El Combo Dominicano.

O domingo, 8 de setembro, de novo haberá bombas de palenque ás 10:00 da mañá, esta vez seguidas dunha sesión vermú prolongada co Dúo Son de Festa.

As festas de Portocelo están organizadas pola asociación de festexos A Medorra, en colaboración co Concello de Xove.