O 17 de agosto en Marzán (Foz) organizan unha grande churrascada. Tamén haberá queimada e música

A Asociación de Veciños O Torques de Marzán organiza unha gran churrascada na explanada do Pavillón de Deportes Torques, de Marzán, o vindeiro 17 de agosto.

A cea comezará ás 20:00 horas. Nela, os asistentes poderán gozar de churrasco, chourizo, empanada, pan, viño e refrescos ademais de bailar con DJ Darío e D’Caché music. Todo isto por tan só por 15 euros. Por último, ás 00:00 horas, a gran queimada e o conxuro especial do Druída do Cu do Castro pecharán unha noite magnífica.

A Asociación de Veciños O Torques de Marzán conta coa colaboración do Concello de Foz, Escairo café-bar e Gadis.