Santa María
O Concello de Viveiro continúa coa programación da súa Ruada de Contos 2024, con dous novos esta semana no Atrio de Santa María. O primeiro será "Fazulas e o ladrón de paraugas", a cargo de Bandullo Azul, este xoves, 5 de setembro. O seguinte será "As nosas letras", do Mago Teto, ao día seguinte, o venres 6 de setembro. En ambos casos os contos comezarán ás 19:00 horas. En caso de choiva a actividade trasladarase do Atrio de Santa María á sala multiusos do Concello de Viveiro.
O Concello de Viveiro explica que “a Ruada de Contos é una iniciativa xa consolidada no verán para a cativada viveirense, e esta nova edición tivo comezo no pasado mes de agosto”.
A concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega, sinala que esta iniciativa pretende "converter o atrio de Santa María no escenario de fermosos contos...
leer másA parroquia de O Pereiro, coa colaboración do Concello de Alfoz, da Deputación de Lugo e da Xunta, xa ten todo listo para homenaxear a Santa María do Pereiro os días 16 e 17 de agosto.
A celebración comezará o venres, 16 de agosto, ás 13:30 horas cunha misa solemne seguida de procesión. A continuación, Tania amenizará a sesión vermú co seu acordeón. Xa pola noite, Kalima 3.0 e Tania e o seu acordeón poñerán música á verbena.
O sábado, 17 de agosto, ás 13:30 horas haberá misa e procesión seguida dunha sesión vermú a cargo do Grupo Lume. Por último, Xilo e Carlos Manteiga xunto co Grupo Lume pecharán estas festas cunha gran verbena.