A vila de Trabada xa está lista para celebrar como cada ano as súas festas na honra a Nosa Señora e San Roque. Os festexos terán lugar os días 14, 15 e 16 de agosto cun programa cheo de actividades para que todos e todas o pasen ben.
O mércores, 14 de agosto, ás 22:00, unha gran churrascada servida polo cátering Chao os Navais abrirá a celebración. Por tan só 25 euros (12 se tes menos de 10 anos) poderase desfrutar dun amplo menú que inclúe costela de porco e criollo, entre outras cousas. A cea estará seguida dunha verbena animada por BRF DJ.
O xoves, 15 de agosto, a xornada comezará ás 13:00 horas cunha misa solemne e sesión vermú coa orquestra Suavecito. Pola noite, gran verbena coa orquestra Suavecito, BRF DJ e The Sound Project.
O venres, 16 de agosto, ás 13:00 horas, haberá misa solemne e a continuación, unha amena sesión vermú larga para bailar ata que o corpo aguante co Grupo Lume. Para rematar, comida gratuíta para os asistentes con chourizos, xamón cocido…