Vilaronte, en Foz, celebra o XLIX Festival do Emigrante os días 16 e 17 de agosto

A parroquia focega de Vilaronte celebra o XLIX Festival do Emigrante os días 16 e 17 de agosto, venres e sábado, organizado pola Asociación Cultural e Deportiva O Castro.

As actividades comezarán o venres ás 20:30 horas co pregón a cargo de Dolores Teijeira Fernández. E ás 21:00 horas o grupo de teatro O Pedroso representará  a obra “A inmortal”.

E o sábado ás 09:00 farase a ruta de sendeirismo O Castro – Barral - Espiñeira - O Castro. Ás 13:00 horas haberá misa e ofrenda floral na igrexa parroquial e ás 14:00 horas actuará o grupo de gaitas A Subela. Para as 17:00 horas están programados xogos tradicionais e ás 20:30 horas empezará unha cea, para rematar a xornada festiva con verbena amenizada polo dúo EpoK.