Carmen
San Ciprián celebrará as Festas na Honra da Virxe do Carme a fin de semana do 14 de xullo.
A cita foi presentada pola rexedora, Dolores García Caramés, pola concelleira de Muller e Igualdade, Pilar Armada, e por representantes das diferentes asociacións e colectivos do municipio que participan: Mar de San Ciprián, Mulleres de San Ciprián, Amigos da Maruxaina, A Rebolaxe e a Coral Terramar.
O programa arrinca o venres 14 de xullo, coa festa do Mexillón que organiza a asociación Amigos da Maruxaina. Será a partir das 20:00 horas na Praza dos Campos. A continuación, Disco Móbil Chocolate e Disco Móbil Conxuro, encargaranse de amenizar a Festa da Xuventude.
O sábado 15, a sesión vermú correrá a cargo da orquestra La Dimensión, a partir das 14:00 horas. Á noitiña, ás 21:00 está prevista unha...
leer másO Presidente do C.D. Foz, José María García Rivera, e a concelleira de Xuventude e Deportes, Gema Méndez Leivas, presentaron o XXXIII Trofeo Vila de Foz, que disputarán a S.D. Ponferradina e o C.D. Lugo.
O vindeiro sábado, 16 de xullo, Día do Carme, haberá tamén unha gran festa no estadio Martínez Otero, co encontro entre a S.D. Ponferradina e o C.D. Lugo.
A partir das 19:00h estes dous excelentes equipos xogaranse o XXXIII Trofeo Vila de Foz.
O presidente do C.D. Foz agradeceu a disposición dos clubs para participar deste día grande en Foz e continuar a historia deste trofeo que xa vai pola trixésima terceira edición. Así tamén, explicou que as persoas que desexen adquirir as entradas anticipadamente poderán facelo no Martínez Otero, o venres 15, de 18h a 20h, o sábado 16, de 11h a 13h e...
leer másOs días 15 e 16 de xullo celébranse as Festas do Carmen no porto de Porcillán, en Ribadeo.
O venres 15 ás 22:30 horas haberá verbena amenizada polo grupo Zeltia e o dúo Samba.
O sábado 16 ás 13:30 horas será a sesión vermut co grupo Kamelot. Ás 18:00 horas dará comezo a misa solemne na igrexa da Atalaia e de seguido terá lugar a procesión marítima acompañada polo cuarteto tradicional Illa Pancha. Ao chegar a Virxe ao porto actuará a Coral Polifónica de Ribadeo que interpretará a Salve Mariñeira. Ás 22:30 horas, comezará a verbena co grupo Kamelot e ás 24:00 horas Lucía Pérez poñerá o colofón ás festas co seu concerto.
Este xoves, 11 de xullo, dan comezo en San Ciprián as súas Festas do Carme, que se prolongarán ata o día 16.
O primeiro día das festas ás 21:00 horas haberá teatro coa actuación do grupo O Bordelo de Cervo que representará a obra Toluras de proveito. Terá lugar no auditorio da Casa da Cultura.
O venres, 12 de xullo, ás 21:00 horas no auditorio da Casa da Cultura, haberá outra representación teatral co grupo Ardora de San Ciprián, que porá en escena a obra O silenzo do Badal. A partir das 00:00, na praza dos Campos, celebrarase unha actuación musical.
O sábado, 13 de xullo, ás 21:00 horas, comezará un concerto de corais, na igrexa de Santa María, no que intervirán a Coral Polifónica de Monforte de Lemos, a Coral Polifónica Sons do Farelo de Antas de Ulla e a Coral Polifónica do CIT de San...
leer másA xira de primavera da ópera Carmen, de Bizet, recalará en Burela o vindeiro 30 de marzo ás 20 horas. As entradas sairán á venda o 25 de febreiro en ataquilla.com a prezos que oscilarán entre os 12 e os 18 euros.
Carmen pasará por Alicante, Murcia, Cuenca, Logroño, Valladolid, Salamanca, Ourense, Ponteveda, Vigo e Burela.
O concelleiro de Cultura, José Díaz, declarou hoxe que “es para sentirnos orgullosos en Burela, de que seamos una de las localizaciones de esta ópera. La calidad vocal e instrumental de la compañía moldava es indudable, ya que ya disfrutamos de 3 óperas suyas aquí”.
O edil burelés explicou que “no fue demasiado complicado convencer a Concer Lírica de que Burela fuese uno de los lugares donde se representase esta ópera, ya que el éxito de público en sus anteriores...
leer más