Trípode
02/01/2025
O grupo humorístico Trípode representará a obra titulada A Presa en Ribadeo este sábado, día 4 de xaneiro. Será ás 19:00 horas no centro de ensino Pedro Murias, na parroquia ribadense de Vilaframil.
Trípode anuncia: “volvemos aos escenarios outro sábado máis. Desta volta, convidados polo Concello de Ribadeo, estaremos no colexio Pedro Murias, de Vilaframil, o día 4 de xaneiro polas 19:00 horas. Outra volta a pelexar pola nosa aldea, pola nosa contorna natural, pola nosa vida. Outra vez a discutir sobre o eterno dilema da tradición e a modernidade, outra vez a facer teatro e a divertirnos. Agardamos por vós, para pasar un agradable rato xuntos”.