Ruta Cabalar
O concello de Cervo será o escenario o domingo 13 de abril da II Ruta Cabalar organizada pola asociación Cabaleiros da Bidueira, coa colaboración do Concello de Cervo. A cita foi presentada pola alcaldesa, Dolores García Caramés; polo edil de Zona Rural, Adrián Arias, e por unha representación dos membros da asociación organizadora no Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos.
A saída está prevista para as 10:00 horas desde o pavillón de San Román; haberá aperitivo para os participantes á metade da ruta, que será duns 15 quilómetros aproximadamente; sesión vermú e baile no polideportivo da man de Disco Móbil Conxuro; e xantar a base de paella, costela asada, sobremesa, bebida e chupito. O prezo será de 26 euros para os adultos e de 13 euros para os nenos, e poden asistir tanto os participantes da ruta como o resto de persoas que o desexen, con ou sen cabalo...
leer másEste martes foi presentada a vixésimo sexta edición da ruta cabalar que vai ter lugar o vindeiro domingo, día 16 de marzo, por diferentes paraxes do concello de Xove e que cada ano organiza a Asociación Equina A Medela. No acto participaron o presidente da asociación, Leandro Quelle, acompañado polo alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, e a concelleira de Agricultura, Gandería e Montes, María Dolores Meitín.
As actividades empezarán ás 10:00 horas cunha ruta que sairá do campo da igrexa de Sumoas, onde ás 14:30 horas terá lugar un xantar. Tamén haberá sorteo de agasallos.
Para participar hai que inscribirse e o prazo remata este xoves, 13 de marzo.
A quinta Ruta Cabalar de Viveiro celebrarase este sábado, 28 de setembro, organizada pola Asociación de Cabaleiros do Landro coa colaboración do Concello de Viveiro.
“Máis de cen cabalos participarán nesta bonita iniciativa, saíndo do pavillón e pasando pola ponte e a avenida de Cervantes o sábado pola mañá”, afirma a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.
A xornada, que comezará ás 09:30 horas, inclúe un paseo turístico polos montes de San Roque e unha comida na carpa instalada no pavillón municipal de deportes, amenizada coa música da Disco Móbil Conxuro.