Día da Muller
O Concello de Cervo, en colaboración coas diferentes asociación de mulleres do municipio -Asociación de Mulleres de San Ciprián, Amas de Casa Alborada, Mulleres Rurais As Espalladoras e Mulleres en Igualdade- programa diferentes actos con motivo do Día Internacional da Muller, que foron consensuados nun encontro que mantiveron a alcaldesa, Dolores García Caramés, e a concelleira de Muller e Igualdade, Pilar Armada, coas representantes destes colectivos, na Casa da Cultura. O sábado, 8 de marzo, está prevista unha andaina que partirá do Faro da Atalaia ata a Casa do Mar, ás 17:00 horas, e a continuación as persoas participantes poderán compartir un café e tamén desfrutar dunha exhibición de danza oriental. Xa o domingo 9 de marzo, ás 15:00 horas, está previsto o tradicional xantar no restaurante O Noso Lar. As interesadas poden mercar os seus tickets no propio...
leer másA Concellaría de Educación, en colaboración coa Concellaría de Muller e Igualdade do Concello de Foz, anuncia a convocatoria do primeiro concurso de carteis co obxectivo de conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller. Esta iniciativa está dirixida ao alumnado de Educación Infantil, Primaria e Secundaria Obrigatoria dos seis centros educativos de Foz e busca promover a reflexión e a sensibilización sobre a igualdade de xénero. O prazo límite para a entrega será o martes 25 de febreiro e haberá un cartel gañador por cada etapa educativa. A entrega de premios terá lugar o 7 de marzo durante a concentración que se celebrará na praza do Concello.
O concelleira de Educación, Elena Martínez Pena, explica que “os rapaces e rapazas da nosa vila están convidados a participar creando carteis orixinais e inéditos, que reflictan toda a...
leer más