A asociación veciñal O Torques, de Marzán (Foz), celebra unha cea baile de irmandade o 22 de marzo

A asociación veciñal O Torques, de Marzán (Foz), celebrará a vixésimo quinta edición da súa cea baile de irmandade o día 22 de marzo, sábado, a partir das 21:30 horas no restaurante O Rincón do Mis. Haberá música en directo, a cargo do dúo Epo-K e sorteo de agasallos.

As prazas son limitadas e o último día de venda de tarxetas será o luns 17 de marzo.