
A asociación veciñal da parroquia ribadense de Vilaframil organiza a súa primeira Festa do Entroido este domingo, día 16 de marzo, a partir das 17:00 horas.
Será na Escola de Vilaframil e estará amenizada pola charanga Aturuxo, de Ribadeo.
“Se ves co teu disfrace participas no sorteo de lotes de produtos e poderás sacar unha foto no photocall”, anuncia a organización.
Haberá merenda de balde para os socios do colectivo organizador e as persoas que non forman parte da asociación deberán pagar 5 euros.