Neda

12/03/2025

A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza un percorrido pola ruta Fervenza de Belelle, no concello coruñés de Neda, para o día 22 de marzo, sábado. A distancia a percorrer son 11 quilómetros e a dificultade é baixa. Ao rematar a camiñada os participantes xantarán nun restaurante de Narón.

A saída será ás 08:00 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 20:00 horas do mércores 19 de marzo, chamando aos teléfonos 699.70.60.31 (Mahía) ou 658.09.71.33 (Miguel). O prezo é de 40 euros para os socios do colectivo organizador e de 45 euros para os que non o son.