Marzo
O Vicedo acollerá unha carreira desde O Fuciño do Porco ata a praia de Caolín este domingo, 31 de marzo. Este evento deportivo está organizado pola Peña Ciclista Lar e o prazo de inscrición remata este mércores, 27 de marzo.
Haberá andaina, trail curto e trail longo. Os participantes serán trasladados en autobús desde o peirao de O Vicedo e ao finalizar as probas haberá duchas e pinchada no polideportivo de O Vicedo.
A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo impulsa cada curso escolar unha serie de audicións das diferentes disciplinas que ofrece o centro nas que participa boa parte do alumnado da Escola.
A concelleira de Educación e Cultura, Begoña Sanjurjo, explica que “tanto para o alumnado como para as familias cremos que é un momento especial, de poñer en valor o traballo feito dentro da aula e, ao tempo, unha ocasión para achegar máis aló das catro parades da Escola, toda canta actividade leva a cabo o centro”.
Dende esta semana e ata o mes de xuño, a EMMeD de Ribadeo ten programadas un total de dez audicións, dirixidas a toda a cidadanía. A audición de vento madeira este mércores, 20 de marzo, no Teatro será a primeira actividade á que seguirán a audición do alumnado de percusión (22 de marzo - Escola),...
leer másO pavillón municipal de Riotorto acollerá o mércores 27 de marzo desde as 22:30 horas unha cea colaboración organizada pola comisión de festas de San Cristóbal.
Despois de cear empezará o baile amenizado pola orquestra Saudade e o DJ Bombardero. Tamén sorteos, sorpresas e servizo de bar.
O prezo é de 30 euros para adultos e de 18 euros para os nenos de 3 a 10 anos de idade.
O xoves 21 de marzo Monicreques de Kukas presenta "Xan Perillán, compra queixo, compra pan" para o alumnado do CEIP Castro de Ouro, dentro da programación Cultura Pequeniña do Concello de Alfoz.
Ás 15:00 horas no salón de actos da Casa da Cultura os nenos e nenas do CEIP Castro de Ouro de Alfoz e tamén todas as demais persoas que queiran asistir desfrutarán dun espectáculo que mestura o pallaso e a pantomima cos monicreques e a maxia, compaxinando o ocio e o divertimento coa educación no consumo responsable e nos hábitos de vida saudables e respectuosos co medio ambiente e a ecoloxía, anuncia o Concello de Alfoz.
Os días 15, 16 e 17 de marzo chegará a Trabada o Tapeo 2024, organizado polo Concello en colaboración coa hostalería do municipio.
O Concello de Trabada anuncia que “esta cita gastronómica permitirá degustar seis deliciosas tapas en diferentes establecementos a un prezo de 2 euros cada unha”. Taberna da Curuxeira ofrecerá cocktail de gambas e tamén filloas recheas de carne; o Mesón Camiño Norte servirá raxo de pavo con salsa piquillo e ademais salpicón de marisco; no Bar O Porfirio poderá probarse tosta de picadillo e tamén carrilleira con puré de pataca
O alcalde, Rubén García, anima á veciñanza "a desfrutar da gastronomía e do produto local participando nesta iniciativa".
A compañía Talía Teatro presentará a obra titulada “Unha inimiga do pobo” o sábado 16 de marzo ás 20:30 horas no Teatro Pastor Díaz. Estaba programada para o pasado sábado, 24 de febreiro, pero tivo que ser aprazada debido á baixa por enfermidade dun dos actores, explicou o Concello de Viveiro.
“Unha inimiga do pobo” é un drama para público adulto, ten unha duración de 90 minutos, o director é Tito Asorey, que tamén fixo a adaptación xunto a Vanesa Sotelo, e o elenco está formado por Marta Lado, Toño Casais, Dani Trillo, Rubén Prieto, Marta Ríos, María Ordóñez, Diego Rey, Artur Trillo e Xurxo Barcala.
Talía Teatro explica que “Unha inimiga do pobo é a adaptación dunha das pezas máis significativas da literatura dramática universal. Cento corenta anos despois o texto de Henrik Ibsen segue a servir de material...
leer másA Concellería de Cultura de Burela inicia a súa programación de mes de marzo coa ópera Rigoletto, que se presentará este domingo, 8 de marzo, ás 19:00 horas no Auditorio Municipal.
Esta representación da ópera Rigoletto, de Giuseppe Verdi, correrá a cargo da Orquestra e Coros do Teatro Nacional de Moldavia e solistas internacionais convidados. As entradas, á venda en ataquilla.com, están case esgotadas pero o propio día do espectáculo poranse á venda na billeteira arredor de 50 localidades.
O 14 de marzo haberá teatro a cargo do grupo Andanzas de Viveiro, que porá en escena a obra El caso de la mujer asesinadita, de Miguel Mihura e Álvaro de la Iglesia. A actuación será no Auditorio Municipal ás 20:30 horas e a entrada será de balde.
O 17 de marzo terá lugar a presentación da Semana Santa...
leer más