A Devesa

24/03/2025

O Círculo Habanero da Devesa, no concello de Ribadeo, acollerá a celebración do VIII Baile da Travesía este venres, día 28 de marzo a partir das 20:30 horas. É un evento organizado pola asociación cultural A Tribo da Travesía.

No VIII Baile da Travesía actuarán as agrupacións Acordeonistas da Mariña, Grupo de música e baile tradicional da Pastoriza e En Faldas y a lo Loco, de Ribadeo.

14/03/2025

A parroquia ribadense da Devesa celebrará unha comida veciñal o día 13 de abril, domingo, na explanada do Círculo Habanero.

As actividades comezarán ás 13:30 horas cunha sesión vermú amenizada pola cantante Verónica Cambón. Ás 14:30 horas empezará a comida e seguidamente haberá sorteos e baile a cargo de Verónica Cambón.

Este evento está organizado pola Asociación de Veciños de A Devesa, coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Ribadeo.

Etiquetas:
06/03/2025

O grupo mariñán Diavolinos ofrecerá un concerto no Círculo Habanero da Devesa (Ribadeo) o día 14 de marzo, venres, ás 20:30 horas. Está organizado pola Asociación Cultural O Tribo da Travesía e o prezo da entrada é de 5 euros.

Diavolinos defínese como un grupo de amigos con distinta orixe, pero cun punto en común, que non é outro que o seu amor pola música, e o que lles fixo confluír na Mariña Lucense. Din: “no noso percorrido pola provincia de Lugo e, en especial pola Mariña, tratamos de recuperar temas de certa antigüidade, mais que seguen resoando na mente e no corazón de todos, dándolles, por suposto, o noso toque como grupo Diavolinos. Viaxamos coa nosa música por diferentes partes do mundo, acariñando distintas culturas e estilos musicais, tentando facer referencia a varios países e tamén á nosa terra galega. Entre estes estilos...

leer más
Etiquetas:
20/02/2025

O grupo de teatro A Adala, de Fazouro, representará a obra titulada Marina Club no Círculo Habanero da Devesa (Ribadeo) este sábado, día 22 de febreiro, ás 19:00 horas.

Esta representación está incluída na programación Seráns de teatro, organizada polo Concello de Ribadeo coa colaboración da Xunta de Galicia e da asociación veciñal da Devesa.

 

Etiquetas:
06/02/2025

O Círculo Habanero da Devesa, no concello de Ribadeo, acollerá un concerto performance a cargo de Auga Menacho e David Bellas o día 14 de febreiro, venres, ás 21:00 horas.

Esta actividade  está organizada pola asociación cultural A Tribo da Travesía, que anuncia: “o primeiro evento deste 2025 é un concerto-performance de David Bellas e Agua Menacho, dous mariñáns que de seguro van sorprendernos. Para ir facendo boca un pequeno adianto: Isorritmias (2025). Musical performance. A isorritmia é unha técnica de composición desenvolta a partir do século XIII e en uso ata o século XV. Consiste no uso repetitivo de patróns rítmicos e/ou melódicos. Neste caso baixo a óptica dos métodos de composición/improvisación dos séculos XX e XXI levados ao vehículo da gaita de fole. Quero ser unha vaca: Unha muller camiñando. Unha cidade....

leer más
Etiquetas:
06/01/2025

As instalacións do Círculo Habanero da Devesa, no concello de Ribadeo, acollerá unha exposición de pirogravados de Antonio Martínez, máis coñecido como Pimpelo, desde este venres, día 10 de xaneiro, ata o domingo 12.

A mostra, titulada A miña terra, poderá visitarse os tres días de 10:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 20:00.

Etiquetas:
13/12/2024

O Círculo Habanero da Devesa, no concello de Ribadeo, acolle este venres, día 13 de decembro, ás 20:30 horas un concerto dos grupos musicais Lora Hace Pam e Kornucopia.

Lora Hace Pam e un grupo punk formado por músicos de Foz e Lugo, mentres que Kornucopia é unha formación ribadense de folk e rock

O prezo da entrada é de 10 euros, que se vende anticipadamente en Libraría Bahía, en Foz e Ribadeo.

Este concerto está organizado pola Asociación Cultural A Tribo da Travesía e colabora o Círculo Habanero da Devesa.

10/06/2024

O quinto Baile da Travesía, organizado pola Asociación Cultural A Tribo da Travesía e MOV, terá lugar no Círculo Habanero da Devesa, no concello de Ribadeo, este venres, 14 de xuño, a partir das 20:30 horas.

Neste evento musical participarán grupos das asociacións ACM Arume, de Burela; AC A Chocolateira, da Pontenova, e Tarabeleir@s Amigos da Gaita, de Ribadeo.

Nesta actividade colabora o Círculo Habanero da Devesa e a Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

27/04/2024

O Círculo Habanero da Devesa, no municipio de Ribadeo, acollerá o día 1 de maio, mércores, unha xornada de actividades para celebrar o Día das Letras Galegas, dedicado este ano a Luísa Villalta. É unha iniciativa titulada Maleducadas, que está organizada pola Asociación Cultural a Tribo da Travesía e MOV, coa colaboración do Círculo Habanero da Devesa e Mialma Producióis.

Será a partir das 19:30 horas e participarán Marina Oural (idea orixinal, voz, poema e escolma de textos), Chefa Alonso (saxo soprano, percusión, composición e improvisación) e Nacho Muñoz (piano, electrónica, composición e improvisación).

Ás 21:00 horas haberá unha Jam Session aberta a todas as artes e capacidades.

O prezo da entrada é de 10 euros.

Etiquetas:
18/04/2024

A asociación cultural A Tribo da Travesía organiza o IV Baile da Travesía que se celebrará no Círculo Habanero da Devesa (Ribadeo) este venres, 19 de abril, a partir das 20:30 horas.

Actuarán os grupos Oreya y media, SCR Ledicia e Os pandereteiros do inferno.