Nenos
O Concello de Cervo, a través da delegación de Educación e Cultura, inclúe no calendario de Entroido unha Festa Infantil para os máis pequenos. Será o luns, 27 de febreiro, a partir das 18:00 horas, na carpa instalada na Praza dos Campos, en San Ciprián.
A edil de Cultura, Dolores García, anunciou hoxe que contará coa actuación do pallaso Peter Punk, “un dos clowns e humoristas máis destacados e programados en Galicia nestes últimos anos, e, en Cervo, temos o privilexio de poder gozar do seu espectáculo este Entroido, nunha tarde que será de risas aseguradas para toda a familia”
Ademais, García sinalou que na carpa instalaranse unha serie de inchables “ademais de moitas outras sorpresas que queremos que descubran ese mesmo día na carpa, polo que animamos a tódalas familias a que se acheguen cos seus nenos esa...
leer másO Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, acolle o 18 de febreiro a representación da obra Rubicundo a cargo do grupo Ghazafelhos. Será ás 18:00 horas.
Dirixida a un público infantil a partir de 5 anos é unha adaptación dun texto de María Canosa baixo a dirección de Pepablo Patiño. O elenco artístico está composto por Pepablo Patiño, Montse Piñón e Jorge Casas.
Conta a historia de Rubicundo quen todas as noites sae na súa bicicleta enriba da árbore do seu xardín rumbo á noite pecha. Semella que ninguén repara nesta personaxe, enfundada nun gabán e sombreiro de copa. Ninguén agás Erea, disposta a chegar ate o fin daquel misterio. Rubicundo cóntanos unha fermosa historia sobre a amizade, a constancia e a poesía, abríndonos a posibilidade de perseguir os nosos soños sen sentir límites nin distancias.
A Casa da Cultura de Foz acollerá este sábado, día 18, ás 18:30 horas unha representación teatral a cargo da compañía A Adala infantil, que poñerá en escena a obra titulada A ra que se quedou sen charco. A entrada é gratuíta.
Esta actividade cultural está organizada polo grupo de teatro A Adala e colabora o Concello de Foz.
O Concello ribadense forma parte do programa Apego, que busca fomentar e favorecer a transmisión do galego de adult@s a pequen@s. Está dirixido a todas as familias que vaian ter un bebé ou que xa teñan na casa un neno ou nena de 0 a 6 anos e que estean interesadas en transmitirlle o galego. Unha das primeiras propostas de Apego terá lugar este domingo, 12 de febreiro. Teatro da Semente representará Chíos, un espectáculo sensorial de 30 minutos de duración. Será ás 17:30 horas no Teatro.
Na presentación que tivo lugar esta tarde o concelleiro de Cultura, Farruco Graña, explicou que “estamos aquí hoxe para presentar o proxecto Apego, que é un programa colectivo que sobre todo pretende fomentar, favorecer e lograr que a transmisión do noso idioma entre os adultos e os pequenos sexa unha realidade, porque nestes momentos quizais sexa o...
leer más