Cabalgata de Papá Noel e dos Reis Magos e a visita do Apalpador son algunhas das propostas do Concello de O Valadouro para este Nadal.

Cabalgata de Papá Noel e dos Reis Magos e a visita do Apalpador son algunhas das propostas do Concello de O Valadouro para este Nadal.
 
A programación do Nadal organizada polo Concello de O Valadouro a través da súa Concellaría de Cultura, continúa este mércores, día 21, coa visita de O Apalpador que chegará á vila ás 14:30 horas e ademais haberá contacontos na Casa da Cultura.
 
O xoves, 22 de decembro, ás 17:00 horas celebrarase un obradoiro de Nadal na Casa da Cultura. As prazas para esta actividade son limitadas.
 
O sábado, 24 de decembro, ás 11:00 horas terá lugar a Cabalgata de Papá Noel polas rúas de Ferreira, e a recepción será na Casa da Cultura.
 
O luns, 26 de decembro, ás 10:00 horas dará comezo o programa lúdico-infantil Ludinadal 2016. Durante esa semana desenvolveranse diferentes actividades para as que o número de prazas é limitado.
 
O xoves, 5 de xaneiro, a Cabalgata dos Reis Magos desfilará polas rúas de Ferreira e a recepción será ás 20:00 horas na Casa da Cultura. Ao remate haberá chocolate para todos os asistentes.
Aquelas actividades que se realicen no exterior poden ser modificadas por inclemencias metereolóxicas.