Nenos
A Delegación de Cultura do Concello de Lourenzá programa unha actuación do cantautor Manoele de Felisa para conmemorar o Día do Libro este xoves, día 20 de abril.
A actividade está destinada a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos e terá lugar ás 12 horas no Salón de Actos do Concello. Trátase de achegar á infancia o mundo da poesía musicalizada da man do cantautor galego Manoele de Felisa.
Esta actividade enmárcase dentro do programa Ler conta moito, da Xunta de Galicia.
O Torneo Triangular de Semana Santa de Fútbol Sala Base da Fundación Imdecum volverá este ano á axenda deportiva coa súa cuarta edición, reunindo o Xoves Santo, en Vista Alegre (Burela), ás categorías prebenxamín, benxamín e alevín dos Meigallos Sarria, ACD Xove e Pescados Rubén Burela FS.
A cita inaugurarase ás 10.00 horas cun enfrontamento alevín entre xovenses e burelaos e despedirase ás 20.00 horas co compromiso prebenxamín entre Os Meigallos e Xove. A entrega de trofeos porá o broche final ás 20.50 horas.
A Concellería de Xuventude de Lourenzá organiza dous programas de actividades para esta vindeira Semana Santa. Vanse desenvolver concretamente os días 10, 11, 12 e 17 deste mes.
Unha das iniciativas está destinada a nenos e nenas de entre 2 e 12 anos e inclúe actividades como manualidades ou cociña. E a outra é un curso de cociña para rapaces de máis de 12 anos. Todos os interesados en participar poderán apuntarse na Biblioteca Municipal de Lourenzá ata o vindeiro venres día 7 de abril.
O concelleiro de Xuventude, Francisco Dasilva, anima a todos os nenos, nenas e mozos do municipio a apuntarse e participar nestas iniciativas, que “sen dúbida serán un bo plan para estas vacacións de Semana Santa. Estas actividades enmárcanse dentro do amplo programa para a xuventude que desde esta concellería temos pensado por en...
leer másA asociación Chao de Castro Altair de Burela organiza un ano máis un campamento de primavera os días 8, 9 e 10 de abril. Terá lugar no centro social de Xerdiz en Ourol e está dirixido a nen@s de 7 a 14 anos.
O programa que se desenvolverá vai desde lecer ao aire libre, música, cociña, sendeirismo, xogos e actividades sobre animais e natureza. O prezo é 38 euros para socias/os e 56€ para non socias/os. Inclúe o transporte ao campamento, comidas, tendas de campaña, material de actividades, seguro e cota do mes de abril para as persoas que non sexan socias e queiran seguir participando nas actividades semanais en Burela, os domingos entre as 17:00 e as 20:00 horas.
O prazo para anotarse remata o venres 7 de abril, e as inscrición pode facerse no sitio web da asociación...
leer másA programación cultural do Concello de Foz para o vindeiro mes de abril comeza mañá, sábado, día 1, cunha representación de teatro infantil a cargo da compañía Ghazafelhos, que porá en escena a obra titulada Rubicundo. Está dirixida a nenos e nenas a partir de 5 anos. Será ás 18:30 horas na Sala Bahía e o prezo das entradas é de 1,5 euros para os nenos e de 2,5 euros para os adultos.
O seguinte acto incluído na programación cultural do Concello focense é un concerto a cargo da Aula Coral do IES de Foz, que actuará na basílica de San Martiño o xoves, día 6, ás 20:30 horas.
Desde o sábado 8 ata o domingo 16 desenvolveranse os actos da Semana Santa de San Martiño e da XIV Semana da Música Xosé Alonso, que organizan a Confraría do Desencravo e a Delegación de Cultura do Concello de Foz.
Na...
leer másDentro do programa Ler conta moito, a biblioteca pública de Viveiro acollerá o 8 de abril, ás 12:00 horas, o espectáculo "Mariña, contos nacidos no mar" de Raquel Queizás.
As entradas poden recollerse de maneira gratuíta os días 5, 6 e 7 de abril na propia biblioteca. O aforo é limitado e desde a organización agradécese aos pais que non ocupen prazas, asegurando que o espectáculo está pensado para o disfrute dos nen@s e os adultos poden esperar na entrada ata que remate.
A historia de "Mariña" é a dunha serea galega que viviu entre nós fai moitos anos, e que contaba ao seu fillo lendas e mitos dos seres mariños que poboan os fondos do mar. Mariña sae agora da auga para compartir todas as súas historias.
Este espectáculo de contos para nenos e nenas a partir de 3 anos e público familiar,...
leer másA compañía Teatro dos Ghazafelhos estará este domingo, 19 de marzo ás 17.30 horas, no Cine Teatro de Ribadeo. O público que acuda poderá gozar dun espectáculo teatral sobre a igualdade de xénero, o cambio de roles ou os estereotipos sociais.
Dirixido a nenas e nenos de 5 anos en diante e ás súas familias, "Iriña Bailarina" esculca na ruptura de roles convencionais a través dunha bailarina que vive nunha caixa de música e que devece por poder saír do espazo que a anoa a dar voltas sen cesar para poder xogar ao futbolín, ser pirata ou mesmo, se quere, poder engordar, isto é, para quebrar ou modificar a súa propia sorte ou fado.
Con "Iriña Bailarina" Teatro Ghazafelhos pretende que reflexionemos en familia sobre a igualdade de xénero, o cambio de roles ou os esterotipos sociais.
Ghazafelhos...
leer másEste sábado, 11 de marzo, ás doce da mañá na Librería Bahía haberá unha actividade para pícaras e pícaros.
“O contacontos Roni Macarroni daranos a coñecer a dous personaxes, Max e Mía, protagonistas de libros de aventuras que edita a editorial La Galera. Con eles os pícaros viaxarán ao mundo dos piratas onde ademais de coñecer as aventuras destes dous nenos, van ter oportunidade de realizar xogos e actividades que os mergullarán no apaixoante mundo da piratería”, explican desde Librería Bahía.
O concelleiro de Cultura, José Díaz, presentou hoxe a programación cultural para o mes de marzo, que inclúe coma número forte o Tributo a Alejandro Sanz do día 25. O responsable de Cultura comentou respecto ao resto da programación para este mes que “por hablar un poco de las cosas que son ya habituales, que siempre hacemos regularmente tendremos el cine infantil, que seguirá siendo los domingos a las seis y media de la tarde, va a haberlo el primer domingo de marzo, el día 5, y el último domingo de mes, el día 26. Estas películas para niños están teniendo muy buena acogida y siempre tenemos mucha gente en las proyecciones. Tendremos también la presentación de la Semana Santa que será el 16 de marzo, y que va a contar con la actuación de Escolma de Meus que interpretará varios temas para acompañar este evento que será en el Auditorio a las ocho de la tarde, y que...
leer másO Teatro Pastor Díaz de Viveiro acollerá o sábado, 4 de marzo, o espectáculo Pitusa Semifusa.
Esta proposta musical é un mollo de cancións de Olga Brañas, interpretadas por unha nena chamada Pitusa Semifusa, neta dunha famosa directora de orquestra. Pitusa, a súa avoa e o seu irmán irán explicándolles ás cativas e cativos as familias de instrumentos musicais nun espectáculo participativo, divertido e didáctico.
A representación dará comezo ás 18:00 horas, ten unha duración de 45 minutos e o elenco artístico está composto por Marta Bravo na voz, Sergio Tannus á guitarra e Olga Brañas ao piano.