Nenos

Etiquetas:
20/10/2016
 
Comezan as actividades na Librería Bahía, en Foz, cos Sábados de Conto. 
 
Sofía Manín e Mariña Balseiro son dúas nenas de nove anos ás que lles gusta moito ler historias, e o bo é que... tamén lles gusta contalas!
 
Este sábado, 22 de outubro, vanse estrear como contadoras na Librería Bahía onde lles escoitaremos a historia de Carabuñas, un ogro moi malo que se topou cunha nena moi lista…
 
Sonia e Mariña estarán na Librería Bahía este sábado ás doce da mañá.
Etiquetas:
06/10/2016
Teatro dos Ghazafelhos presenta o 8 de outubro en Burela "Contos de lobo", un espectáculo para o público familiar con maxia, circo e hipnose.
 
Teatro dos Ghazafelhos presenta este sábado, 8 de outubro, en Burela Contos de lobo, un espectáculo interactivo onde se mesturan a maxia o circo ou a hipnose. Na obra participan dúas personaxes dispares pero no fondo parecidas, acordan para contar historias onde aparezan lobos...pero ao final un fai maxia, outra hipnotiza, os dous fan acrobacias...ala!! E os contos?
 
Mon e Pe chegan para contar contos. Ao principio fan unha entrada tan espectacular que a Pe se lle vai a cabeza e comeza a facer espectáculos de maxia e acrobacias... Mon, contundente pero didáctica, centra a situación ofrecendo ao público presente colaboración nos contos... e que colaboración!!! 
 
Mon, eficiente, sabichona, quere que todo saia ben...É unha gran coñecedora...
leer más
Etiquetas:
29/09/2016
A programación cultural de Foz para outubro inclúe teatro para todos os públicos, cine e maxia. Arrinca o día 1 cun espectáculo para os máis pequenos.
 
A programación cultural de Foz para o vindeiro mes de outubro comeza este sábado, día 1, con teatro infantil na Casa da Cultura.
 
A concelleira de Cultura, Silvia Blach, anunciou que “o sábado, día 1, na Casa da Cultura ás 19:00 horas temos teatro infantil coa compañía Elefante Elegante, que representará a obra O rueiro das liortas. É unha proposta escénica dirixida a todos os públicos e inspirada na comedia da arte italiana, especialmente pensada para o tempo de lecer. O venres 7 ás 18:00 horas, tamén na Casa da Cultura, Trinke Trinke Teatro fará a obra O coelliño branco. Está dirixida a nenos de 3 a 8 anos, dentro do programa Ler conta moito. Tamén na Casa da Cultura, pero ás 20:30 horas, o venres 7 teremos teatro co grupo Fantoches Baj e a obra Os vellos non deben namorarse. Esta obra...
leer más
Etiquetas:
26/09/2016
Chao de Castro-Altair Burela inicia un novo curso de actividades para nen@s e moz@s. A reunión informativa será o 2 de outubro.
 
Chao de Castro-Altair Burela inicia un novo curso de actividades para nen@s e moz@s que se repartirán nos seguintes grupos de idade: de 7 a 9 anos, de 10 e 11, de 12 e 13, de 14 e 15 e de 16 e 17 anos. Desenvolveranse na Casa da Xuventude de Burela os sábados de catro a sete da tarde.
 
A reunión informativa será o día 2 de outubro, domingo, ás 19 horas na Casa da Xuventude de Burela.
 
Entre as actividades previstas haberá campamentos, aprendizaxe por proxectos, actividades ao aire libre, xogos, etcétera. A cota de soci@s é de 18 euros ao mes.
 
Os interesados poden obter máis información sen compromiso no teléfono 685.32.51.53 ...
leer más
Etiquetas:
13/09/2016
Os nenos e nenas de 0 a 3 anos gozarán o 16 de setembro en Ribadeo do espectáculo "A alfombra máxica".
 
O programa Apego ao que se ven de sumar o Concello de Ribadeo traerá este venres, día 16, á vila o espectáculo A alfombra máxica, destinado a nen@s de 0 a 3 anos. A actividade é de balde, pero a asistencia é limitada a un máximo de 25 bebés cos seus respectivos acompañantes. As familias interesadas deben inscribirse na Concellaría de Cultura. 
 
A concelleira de Educación, Mariluz Álvarez Lastra, sinalou que “desde as Concellarías de Cultura e de Educación, desde o Concello de Ribadeo, acabamos de sumarnos ao proxecto Apego, dirixido a poñer en valor a transmisión da lingua galega aos nenos e nenas e a facilitala con apoio, información, recursos… e que traerá a Ribadeo varias actividades ao longo dos...
leer más
Etiquetas:
08/08/2016
Este martes, 9 de agosto, haberá unha nova sesión de cine ao aire libre en Burela. Será na praza da Mariña pola noite.
 
Mañá, 9 de agosto, a partir das 22:30 horas pequenos e maiores poderán gozar dunha nova sesión de cine ao aire libre na praza da Mariña. A entrada é de balde. En caso de chuvia a proxección trasladarase ao auditorio. 
 
Neste caso proxectarase a película de debuxos animados La Oveja Shaun (2015), nominada aos premios Oscar 2016, Globos de Oro 2016, Cine Europeo 2015, como mellor filme de animación.  
 
Sinopse: Shaun é unha ovella moi lista e travesa que vive coas súas compañeiras de rabaño na granxa de Mossy Bottom baixo a suposta supervisión do granxeiro e de Bitzer, un can pastor con boas intencións pero moi despistado. A pesar dos esforzos de Shaun a...
leer más
Etiquetas:
08/08/2016
Ata o 12 de agosto está aberta a inscrición en Barreiros para participar na campaña "Lecer consumo", destinada a fomentar un consumo responsable entre os máis novos, a través de actividades lúdicas.
 
O 17 de agosto o pavillón municipal acollerá a campaña denominada Lecer Consumo, coa que o Concello e a Xunta pretenden fomentar o consumo responsable entre os máis novos a través de actividades lúdicas. 
 
De 10 a 11.30 horas os nenos e nenas de 3 a 7 anos participarán nunha actividade denominada “O xogar non ten cancelas”. E de 11:30 a 13:30 horas será o tempo para os rapaces e rapazas de 8 a 12 de nenos, que acudirán a unha actividade chamada “No verán un lecer responsable está na túa man”. 
 
@s interesad@s en participar nestas actividades poden inscribirse ata o vindeiro venres, 12 de agosto, na Oficina de Turismo...
leer más
Etiquetas:
28/07/2016
O Eido Dourado, en Barreiros, organiza laboratorios artísticos para @s nen@s. Serán os días 29 de xullo e 3 de agosto.
 
O Eido Dourado organiza por primeira vez unha serie de laboratorios artísticos para nen@s, que se desenvolverán o 29 de xullo e o vindeiro mércores, 3 de agosto. Esta experiencia tamén se faría para o público adulto que desexara asistir ao longo do mes de agosto.
 
Estes talleres serán impartidos pola licenciada en Belas Artes Lucía Vila, que manifestou que “son como experiencias artísticas para que os nenos se acheguen ao Eido Dourado dunha forma máis natural e a un museo en xeral. O que queremos basicamente é que os nenos dialoguen coa obra de Celso e que reflexionen sobre os elementos que configuran a obra do autor”.
 
Lucía Vila engadiu que “estes...
leer más
Etiquetas:
14/07/2016
"O sabor da aventura está no mar" chega a Barreiros o 20 de xullo. Os nenos e nenas que participen visitarán a zona de marisqueo de Foz e as redeiras de Burela.
 
O Concello organiza, en colaboración coa Xunta de Galicia, una actividade dirixida a @s nen@s para que coñezan a zona de marisqueo de Foz e as redeiras de Burela. Será o mércores, 20 de xullo, e as inscricións poden facerse ata o día 18.
 
Esta actividade lévase a cabo baixo o lema O sabor da aventura está no mar e vai dirixido a nen@s de entre 3 e 12 anos.
 
Terá lugar o 20 de xullo con saída ás 10:00 horas e regreso ás 13:30 horas. Os participantes farán unha excursión á zona de marisqueo de Foz e ás redeiras de Burela. As prazas son limitadas e a inscrición ten que facerse na Oficina de...
leer más
Etiquetas:
05/07/2016
Con Uxía Lambona e a Banda Molona arrinca, este 6 de xullo, en Ribadeo o programa Cultura no Camiño, que levará a esta vila diferentes actividades infantís ao aire libre.
 
Mañá, mércores, da comezo en Ribadeo o programa Cultura no Camiño. Será coa  actuación de Uxía Lambona e a Banda Molona no Parque de San Francisco a partir das oito e media da tarde. Trátase dun espectáculo para toda a familia, segundo deu a coñecer esta mañá o concelleiro de Cultura, Farruco Graña.  
 
O edil nacionalista explicou que “este mércores, ás oito da tarde, iníciase en Ribadeo o programa Cultura no Camiño, que traerá ata a nosa vila unha serie de actividades infantís ao aire libre ao longo de todo o verán”.
 
Farruco Graña dixo que “comezamos pois este mércores, 6 de xullo, ás 20:30 horas, coa actuación de Uxía Lambona e a Banda Molona, de...
leer más