Media
A pasada media noite pechouse o prazo de inscrición para participar na X Media Maratón Ribadeo-As Catedrais, que terá lugar este sábado, 14 de setembro. A cifra é de récord, en palabras do concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent.
O edil ribadense asegurou: “estamos moi contentos cos datos de inscrición na X Media Maratón Ribadeo-As Catedrais. Pechamos a inscrición esta noite con 937 corredores e corredoras, que é un auténtico récord para esta proba”.
Silvent subliñou que “cada ano son máis os atletas que se animan a participar na media maratón Ribadeo-As Catedrais. Moitos veñen acompañados das súas familias ou de amigos e pasan a fin de semana na nosa vila, co que iso supón para os hoteis, para os restaurantes e para o comercio. Deporte e turismo van moi unidos nestes eventos deportivos, que contribúen á...
leer másA X Media Maratón Ribadeo-As Catedrais terá lugar o 14 de setembro. A inscrición para participar ábrese mañá.
O concelleiro de Deportes, Francisco José SIlvent, dixo: “presentamos hoxe a décima media maratón Ribadeo-As Catedrais, que se celebrará o 14 de setembro. Mañá, 8 de marzo, ás 20 horas abriranse as inscricións”.
O edil ribadense manifestou que “desde a organización agardamos que sexan moitas as corredoras e os corredores que se animen a participar nesta nova edición da media maratón. O ano pasado foron máis de 700 os deportistas que a correron e agardamos poder superar esa cifra neste 2024. Moitos veñen acompañados das súas familias ou de amigos e pasan a fin de semana na nosa vila, co que iso supón para os hoteis, para os restaurantes ou mesmo para o comercio”.
Silvent tivo...
leer másO 16 de setembro terá lugar a IX Media Maratón Ribadeo-As Catedrais.O evento foi presentado hoxe. A inscrición para participar ábrese mañá, día 21. A Media Maratón está organizada polo Concello de Ribadeo co que colaboran, entre outros, El Progreso e Acisa.
O concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, indicou que “comeza o prazo de inscrición dunha nova edición da Media Maratón que vai desde a Praza do Concello ata As Catedrais e que será o 16 de setembro ás cinco da tarde. Ábrese o prazo de inscrición este venres a partir das 17 horas coas seguintes cuestións: para os 100 primeiros inscritos, 5 euros; a partir dos 100 en adiante ata o 17 de maio serán 6 euros; desde o 18 de maio ata o 25 de xullo, 7 euros; do 26 de xullo ao 15 de agosto, 8 euros; e desde o 16 de agosto ata o 12 de setembro, 9 euros. Para estas inscricións está aberto o portal...
leer másTodo está listo para a celebración da VIII Media Maratón Ribadeo-As Catedrais, que terá lugar o vindeiro sábado, 17 de setembro. A inscrición péchase mañá.
A proba partirá das inmediacións do Concello e discorrerá por todo o litoral ribadense ata chegar á praia de Augasantas, onde estará instalada a meta e onde serán entregados os trofeos aos vencedores e vencedoras.
Ata o momento son 630 os anotados, aínda que a cifra pode medrar un pouco máis, dado que a inscrición se pecha na xornada de mañá, martes.
Desde o Concello agradecen “o apoio de todos os colaboradores para que un ano máis, e xa van oito, a media maratón entre Ribadeo e As Catedrais se poida celebrar. E sobre todo temos que dar as grazas ao voluntariado porque son moi importantes no percorrido e sen os voluntarios e as...
leer másEl próximo domingo, 29 de mayo, la Asociación Cultural y Deportiva As Minas y el Concello de A Pontenova organizan la I Media Maratón de Montaña As Minas de A Pontenova, una prueba que de gran interés dentro del circuito gallego.
El recorrido tiene una longitud de 21 quilómetros. Hay más de 80 personas inscritas.
Coorganizan el evento: la Xunta de Galicia, Deporte Galego y el colectivo Non Á Violencia de Xénero.
A VIII Media Maratón Ribadeo-As Catedrais celebrarase o 17 de setembro. No acto de presentación, que tivo lugar esta mañá, participaron o alcalde, Fernando Suárez, o concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, o xerente de Acisa, Jesús Pérez, o delegado do Progreso na Mariña, Xavier Lombardero, o concelleiro de Turismo, Pablo Vizoso, e o técnico municipal de Deportes, Iván Rodríguez.
O alcalde, Fernando Suárez, dixo que “aquilo que hai oito anos iniciamos como un experimento foise consolidando ata ser hoxe en día unha cita ineludible das medias maratóns, que discorre por un lugar do máis fermoso tanto de Galicia como de todo o Cantábrico e de todo o Estado. Centos de persoas son os que cada ano se anotan nesta media maratón entre Ribadeo e As Catedrais. Confiamos que centos de persoas o volvan facer para esta nova edición, na que contamos con...
leer másMañá, 18 de setembro, celébrase a VII Media Maratón Ribadeo-As Catedrais. A carreira dará comezo ás cinco da tarde e nela participan 763 atletas. Todos os que completen o percorrido recibirán unha medalla conmemorativa xentileza de Acisa Ribadeo, que colabora deste xeito con esta proba.
O concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, declarou que “este sábado a partir das cinco da tarde a sétima Media Maratón volve andar, despois do paréntese que nos deixou a covid. Neste evento van correr 763 participantes, dos cales son 600 homes e 163 mulleres. Haberá cortes de estradas por onde pase a carreira, pero serán tempos curtos, entre quince e trinta minutos por zona. Debido ao protocolo da Federación Galega de Atletismo, cada vinte segundos sairán dez participantes”.
O edil ribadense subliñou que “unha das novidades que temos...
leer másHoxe, mércores, abriuse a inscrición para participar na VII Media Maratón Ribadeo-As Catedrais que terá lugar o 18 de setembro.
O concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, contou que “é a sétima edición. O ano pasado, debido ao que todos estamos a sufrir co tema da pandemia, estivo cancelada. Vai ser o sábado 18 de setembro e a saída será ás cinco da tarde. Adiantámola un pouco polo tema do protocolo, imos ter un protocolo especial da Federación de Atletismo e vai requirir uns pasos previos á celebración da proba”.
O edil salientou que “como sempre, este ano e os outros, dependemos moito do voluntariado e contaremos con todo o apoio deles. Queremos agradecerlles a súa colaboración para que esta carreira sega sendo un referente na media maratón na Mariña. A todos os participantes dicirlles que están convidados a ver...
leer másA VI Media Maratón Ribadeo-As Catedrais terá lugar o 14 de setembro ás 17:30 horas. A inscrición, que se abre hoxe, poderá realizarse ata o vindeiro 10 de setembro, segundo deron a coñecer o concelleiro de Deportes en funcións, David Rivas, e o técnico municipal de Deportes, Iván López.
David Rivas explicou que “o 14 de setembro ás cinco e media da tarde sairá a sexta edición da media maratón Ribadeo-As Catedrais, unha proba que vai medrando ano tras ano en participación e que está converténdose nunha cita fixa para moitas persoas afeccionadas ao deporte do atletismo”.
O edil de Deportes dixo: “queremos afianzar a celebración dunha proba moi especial, unha proba que reúne todos os requisitos para converterse nun referente das carreiras populares: por unha banda, un percorrido por pistas de terra e asfalto sen...
leer más