Nenos
Este venres, día 23, a partires das 11 da mañá o CEIP Juan Rey, de Lourenzá, acollerá unha actuación do grupo Os Monifates. Está organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Lourenzá e inclúese dentro do programa Cultura no Camiño.
O edil de Cultura, Manuel Arango, explicou que “farán dous pases: o primeiro será de carácter didáctico e o segundo consistirá nunha actuación musical con instrumentos tradicionais acompañados de monicreques”.
O Concello de Cervo convida a todos, veciños, familiares e visitantes, a que asistan ao espectáculo do Grupo Municipal de Teatro Infantil PimPin, que terá lugar o vindeiro xoves, 22 de xuño, na Casa da Cultura de San Ciprián.
O Grupo, formado por uns 40 pequenos, leva ensaiando intensamente varios meses da man da edil de Educación e Cultura, Dolores García Caramés, para amosar o seu talento ante o público.
Caramés anunciou que a actuación é unha sorpresa que non deixará indiferente a ninguén, e avanzou que terá que ver cun formato televisivo de éxito no que os nenos e nenas deixarán boa mostra das súas habilidades escénicas e interpretativas
O Concello de O Valadouro a través da súa Concellería de Servizos Sociais organiza diversas actividades para nen@s durante os meses de xullo e agosto.
O programa Ludiverán 2017 está dirixido a nenos e nenas nados entre o 2005 e 2013. As inscricións poden facerse na Casa da Cultura ata o día 20 de xuño, e a publicación da lista de admitidos está prevista para o día 22 de xuño. O número de prazas é limitado e as bases de participación poden consultarse na páxina web valadouro.org, na Casa do Concello e na Casa da Cultura.
No Ludiverán 2017 desenvolveranse obradoiros de cociña, manualidades e cine, ademais de xogos e excursións, dende o 3 de xullo ata o 31 de agosto. As actividades terán lugar de 10:00 a 13:00 horas no pavillón polideportivo de O Valadouro.
O Concello de Foz organiza para os meses de xullo e agosto o programa denominado Aberto por Vacacións, destinado a nenos e nenas de 3 a 12 anos de idade.
A Delegación de Xuventude do Concello focense explica que é “un programa de actividades que se desenvolverán de luns a venres de 10:30 a 13:30 horas. O custo é de 15 euros ao mes. O primeiro día de inscrición será o luns 26 de xuño e poden elixir xullo, agosto ou para ambos meses. As actividades comezarán o 5 de xullo, pero antes, o día 3, realizaremos unha reunión de presentación, na que se entregará aos/ás inscritos/as a programación dos primeiros 15 días. Haberá actividades moi variadas para que os/as nenos/as gocen dun gran verán”.
A Concellería de Deportes oferta un total de 55 prazas nas actividades de verán para @s nen@s nad@s entre os anos 2005 e 2012 e que se desenvolverán durante os meses de xullo e agosto. A inscrición estará aberta do 26 ao 29 de xuño e a lista de admitidos publicarase o día 30.
O técnico municipal de Deportes, Iván Cao Lucas contou que “presentamos hoxe as actividades de verán que vai haber durante os meses de xullo e agosto. Como en anos anteriores haberá varias como son patinaxe, xogos tradicionais e multideporte, xogos na praia e baloncesto coa axuda do Club Baloncesto Burela”.
O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey, explicou que “son actividades que van destinadas para nenos e nenas de Burela nacidos entre os anos 2005 e 2012. A inscrición empezará o vindeiro luns, 26 de xuño, e rematará o 29 e xa o...
leer másEste fin de semana, os días 17 e 18 de xuño, terá lugar na vila o XIV Torneo SD Ribadeo Alevín e Mini Prebenxamín no que participarán 37 equipos procedentes de Galicia, Asturias ou Portugal, entre outros lugares. O torneo foi presentado no salón de actos do Concello coa asistencia do concelleiro de Deportes, David Rivas, e do técnico deste departamento Iván López.
O representante da SD Ribadeo Juan Valle anunciou que “este fin de semana, 17 y 18 de junio, tenemos el torneo alevín internacional, como ya ha habido dos fines de semana anteriores, ahora nos toca el alevín y el mini prebenjamín”.
Valle explicou que “en miniprebenjamín nos faltó un equipo y van a hacer un grupo de cinco que jugarán todos contra todos, una especie de liguilla. En alevín tenemos equipos de Portugal, Castilla-La Mancha, Asturias y la...
leer másA Asociación de Industriais, Comerciantes e Autónomos (ACISA) organiza en Ribadeo un obradoiro de consumo no comercio local dirixido aos máis novos. Esta actividade que se desenvolverá baixo o lema Xogamos con ACISA, terá lugar os días 17 e 18 de xuño. Con ela ACISA continúa coa súa campaña de promoción do comercio local na que está a traballar estas semanas buscando a fidelización dos clientes nos establecementos asociados.
O 17 de xuño o obradoiro dará comezo ás 17:00 horas coa celebración dun gran xogo de quebracabezas. Os participantes deberán seguir as pistas para atopar as pezas e dese xeito chegar á recompensa.
E o domingo, 18 de xuño, o programa continuará cun xogo da oca xigante a partir das 12:00 horas.
Estas actividades, que son totalmente gratuítas, están dirixidas a nenas e...
leer másNo XIV Torneo de Fútbol Base da SD Ribadeo nas categorías benxamín e prebenxamín, que se celebrará na localidade os días 10 e 11 de xuño, participarán 37 equipos procedentes de Asturias, León, Extremadura, Portugal e Galicia. O torneo foi presentado no Concello coa asistencia do concelleiro e do técnico municipal de Deportes así como de representantes da entidade organizadora.
O vocal da SD Ribadeo Francisco José Muíña dixo que “se trata del décimo cuarto torneo de fútbol base que se celebra los días 10 y 11 de junio, sábado y domingo, en las categorías prebenjamín y benjamín”.
Francisco José Muíña explicou que “en la categoría prebenjamín participarán clubs de Asturias, Galicia y León. Y de la categoría benjamín de Asturias, Galicia tanto de las provincias de Pontevedra como Coruña y Lugo, Portugal y un equipo...
leer másO Concello de Cervo programa para o vindeiro sábado 10 de xuño unha actividade de narración oral para os máis pequenos que leva por título “Carmiña miudiña, a pinga que quería ser científica”.
Será na Biblioteca de Cervo, ás 19:30 horas, e está dirixida a nenos e nenas de entre 4 e 11 anos.
É unha actividade organizada pola delegación de Cultura, englobada no programa Ler Conta Moito, da Xunta de Galicia.
Argumento
Carmiña é unha pinga de auga moi miudiña. Ela de maior quere ser científica, como a súa avoa Filiberta. O día do seu aniversario, a súa avoa agasállalle un paracaídas para poder baixar ao mundo dos humanos. No camiño, diferentes elementos da natureza fan que percorra o ciclo da auga.
O concerto "No bico un cantar. Nenas e nenos cantan aos poetas mindonienses", terá lugar este venres, 2 de xuño, ás 17:30 horas na Praza da Catedral, en Mondoñedo.
Organizado polo Consello da Cultura Galega e a Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia en colaboración co Concello de Mondoñedo, esta será a quinta edición dunha actividade que ten como obxectivo trasladar a paixón pola música culta e a poesía galega a escolares de toda Galicia.
Dirixidos por Maximino Zumalave e co acompañamento musical do grupo de metais Hércules Brass, no concerto participarán nenas e nenos dos CMUS Profesionais da Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela, Vigo e Viveiro, o Coro Ángeles de Compostela da Escolanía da Catedral de Santiago de Compostela, o Coro de nenos...
leer más