Nenos
16/12/2016
A Concellería de Cultura do Valadouro organiza Ludinadal 2016 dentro da programación prevista para estas semanas non lectivas con motivo da celebración do Nadal.
Ludinadal 2016 terá lugar dos días 26 de decembro ao 5 de xaneiro, de luns a venres. O horario será de 10:00 h a 13:00 horas e desenvolverase no pavillón.
As diversas actividades incluídas neste programa están dirixidas a nenos e nenas nacidos entre os anos 2004 e 2012, e as inscricións poden facerse no centro socio-cultural, xuvenil e da terceira idade. O prazo para anotarse comeza o luns 19 de decembro, e remata o xoves 22. O número de prazas é limitado.
14/12/2016
A concelleira de Cultura e Educación, Dolores García Caramés, presentou esta tarde a programación infantil de Nadal organizada polo seu departamento a representantes das asociacións de nais e pais de alumnos dos colexios do municipio e da asociación Pasiño a Pasiño.
Haberá un ciclo de cine infantil na Casa da Cultura, de San Ciprián, con tres proxeccións: o día 22 de decembro, xoves, ofrecerase a película Noche ¿de Paz?; o 2 de xaneiro, luns, O soño dunha noite de San Xoán; e o 4 de xaneiro, mércores, O bosque animado. Todas serán ás oito da tarde.
Tamén se levará a cabo o programa Enredos de Nadal do 26 ao 30 de decembro e do 2 ao 4 de xaneiro. Para o alumnado de 2º ciclo de...
leer más 13/12/2016
O Teatro Pastor Díaz de Viveiro acolle o sábado, 17 de decembro, a obra "O poder de Amabel", a cargo de Pérez & Fernández.
"O poder de Amabel" é unha peza de teatro de monicreques e actores para público familiar baseada na noela infantil de Érica Esmorís. Todos os membros da familia de Amabel teñen superpoderes: unha forza descomunal, a velocidade do raio, unha abraiante intelixencia ou mesmo a capacidade de facerse invisible. Pero Amabel aínda non sabe cal é a súa habilidade extraordinaria. Para descubrilo,embarcarase en aventuras ben peculiares. Un reencontro de dous amigos xa adultos, no que lembrarán un especial outono que viviron xuntos no 82, un dos seus primeiros recordos de nenos, eses anos que debemos volver para sentirnos na nosa verdadeira patria: a infancia.
...
leer más 07/12/2016
Na Librería Bahía de Foz estivo moi presente ao longo de todo este ano 2016, a obra do poeta Manuel María e a súa pegada en Foz, nun ano que ademais estivo dedicado á súa figura.
Para pechar a serie de actividades que Librería Bahía veu desenvolvendo en torno a Manuel María, organizan para este sábado, 10 de decembro, ás 17:00 horas, unha actuación de Uxía e Magín Blanco.
Estes dous artistas interpretarán cancións de Canta o cuco, e como artista convidado ao clarinete intervirá o neno Manuel Menacho.
Esta actividade é de balde e aberta ao público en xeral sen ser preciso a inscrición previa.
16/11/2016
O espectáculo de Marionetas Trécola "Nº 8, rúa dos Contos" preséntase no Teatro Pastor Díaz de Viveiro o sábado, 19 de novembro, ás 18:00 horas.
Esta representación incluída no programa Buxiganga, conta como hai moito tempo, vivía no nº 8 da rúa dos Contos a bruxa Papandreia que botou un feitizo sobre a casa e todo aquel que entraba non atopaba o xeito de saír. Xinzo e Lelo, dous ladróns que non saben deste feitizo, deciden entrar na casa para encher o seu saco. Un lobo, un mago, un cazador e máis persoeiros compartirán a súa viaxe polo nº 8 da rúa dos Contos.
Obra de autoría propia dirixida por Ero Vázquez Cabrera e os titiriteiros son o propio Ero Vázquez como presentador e Isa García Coldeira como Papandreia. A duración é de...
leer más 03/11/2016
Este sábado, 5 de novembro, ás doce da mañá na Librería Bahía de Foz haberá unha nova sesión dos “Sábados de Conto”.
Haberá contacontos e taller sobre o libro “Lágrimas bajo la cama”, coa súa autora e editora, a lucense Ana Meilán.
“Simón é un neno de bágoas fáciles e por iso todos lle chaman chorón. Un día toma unha decisión drástica. Qué vai facer Simón coas súas bágoas? Si queredes sabelo, vinde á Librería Bahía o vindeiro sábado”, explican os organizadores.
27/10/2016
O Concello de Cervo organiza unha programación infantil para celebrar o Samaín os días 29 e 31 de outubro e 1 de novembro.
Este sábado, 29 de outubro, ás catro da tarde haberá un taller de cociña infantil na Casa do Mar, de San Ciprián. Neste mesmo lugar o luns 31 a partir das 18 horas celebrarase unha festa infantil. E o día 1 de novembro, martes, terá lugar na biblioteca de Cervo un taller de manualidades ás catro da tarde. Para participar nos talleres hai que apuntarse contactando co teléfono 691.65.66.00.
Ademais a asociación protectora de animais Coletiñas organiza unha festa de halloween para recadar fondos mañá, venres, a partir das 23 horas na Casa do Mar, de San Ciprián. Neste evento colabora o Concello de Cervo.
... leer más 27/10/2016
O 31 de outubro en O Valadouro celébranse diversas actividades con motivo do Samaín.
Haberá obradoiros, xogos, merenda terrorífica e pintacaras e están dirixidas a nenos e nenas con idades entre 2 e 12 anos. O programa comezará ás 16:30 horas e desenvolverase no pavillón polideportivo municipal de O Valadouro.
As inscricións poderán facerse na Casa da Cultura e o prazo límite para anotarse é o 29 de outubro ás 13:00 horas. As prazas son limitadas.
Estas actividades están organizadas pola Concellería de Cultura do Valadouro.
26/10/2016
A compañía Galitoon presenta o espectáculo Güela Güela dirixida ao público infantil con idades entre 2 e 6 anos. Será o 29 de outubro ás 18:00 horas no Teatro Pastor Díaz de Viveiro.
Dirixida por Chisco Casteleiro que tamén é o autor, é o único espectáculo dunha compañía galega no Museo Nacional del Prado, baseada na obra Concierto de Aves de Frans Snyders á solicitude do propio Museo para a súa representación durante o 2015 e 2016 no marco das actividades dirixidas ao público familiar e infantil.
A historia conta que desde sempre a misión das cegoñas foi a de levar os bebés aos brazos dos seus pais voando en grupos ou bandadas. Pero un día as cegoñas esqueceron un bebé moi peculiar e aí comeza unha aventura cargada de diversión, humor...
leer más 21/10/2016
A biblioteca municipal Juana de Ibarbourou, de Lourenzá, acollerá o vindeiro luns, día 24, un obradoiro a cargo de Caxoto Contacontos, que presentará a iniciativa A Trastenda dos Contos. Esta actividade, que se celebra para conmemorar o Día da Biblioteca, leva por título A miña biblo mola!
A alcaldesa laurentina, Rocío López, anunciou hoxe que “esta iniciativa ten como obxectivo que os usuarios e usuarias habituais poidan presumir de biblioteca. Haberá un obradoiro de A Trastenda dos Contos, a cargo de Caxoto Contacontos, da Coruña, que finalizará cun videoclip lúdico. Terá lugar nas instalacións da biblioteca municipal o luns 24 de outubro de 11 a 13 horas e nel van participar os alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6º de Primaria do CEIP Juan Rey, de Lourenzá”.