Climático
O Concello pon en marcha o programa Píllara no que van participar 1.300 alumnas e alumnos dos centros de ensino de Ribadeo entre o 27 de marzo e o 9 de abril. O edil de Turismo, Pablo Vizoso, subliñou que se trata dun programa novidoso e interesante que xirará arredor do cambio climático e da creación artística. Vaise desenvolver en diferentes escenarios como o Forte de San Damián, o auditorio municipal, a Casa do Viejo Pancho, os propios centros de ensino, a Escola Municipal de Música ou nas rúas peonís. Píllara conta co financiamento do Concello de Ribadeo e da Área de Mocidade da Deputación de Lugo.
O concelleiro ribadense na súa intervención no salón de plenos dixo que “hoxe xuntámonos aquí para presentar Píllara, un programa tan novidoso como interesante e en cuxo financiamento participamos o Concello de Ribadeo e a Área de Mocidade...
leer másA emisora municipal Radio Foz emitirá un programa de reflexión sobre o cambio climático desde unha perspectiva local. Trátase dunha iniciativa na que participan máis de 300 radios municipais e comunitarias de todo o estado. Chámase Onda ODS e comezará cun espazo en directo desde o castelo de Santa Cruz, en Oleiros, este xoves 15 de 9 a 11 da mañá. Un dos participantes será o concelleiro de Relacións Institucionais, Comunicación e Axenda 2030 de Foz, Carlos García.
Os promotores desta iniciativa explican que “este tempo de radio, conducido por Susana Falcón, de Radiofusión, e Pablo García, de Radio A Estrada, abordará diversos aspectos vinculados aos obxectivos recollidos pola ONU na súa Axenda 2030. Realizarase desde o castelo de Santa Cruz, que alberga o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) , aínda...
leer más