O pavillón de Cervo acollerá este sábado a partir das cinco da tarde a novena edición da Noiteboa infantil, con diversas actividades e a visita de Papá Noel. Esta iniciativa, que está organizada pola Asociación Cultural Recreativa Fervenza de Sargadelos e o Concello, foi presentada hoxe pola edil de Cultura, Dolores García, e dous representantes do colectivo cultural, Ramiro Chaves y Honorato Fernández.
No programa deste evento inclúese unha actuación de contacontos a cargo de Caxoto Kativo, pintura de caras, chocolatada gratis e inchables, entre outras actividades. Ademais a partir das 20:30 horas haberá dous sorteos, un no Caseto de Copa e o outro na Pousada O Almacén.