Nenos
22/06/2016
O Concello de Ourol a través do departamento de Servizos Sociais organiza unha ludoteca de verán.
Comezará o 1 de xullo e rematará o 12 de agosto en horario de 10:30 horas a 13:30 horas de luns a venres. Terá lugar en distintas dependencias do Concello como a piscina, o pavillón, o multiusos ou espazos naturais.
Os destinatarios son rapaces e rapazas empadroados no Concello de Ourol de idades comprendidas entre os 4 e os 16 anos. As prazas serán cubertas por orde de inscrición e a solicitude de praza poderá realizarse polo período completo, por semanas ou por días concretos establecidos no momento de realizar a matrícula. O prazo para anotarse é ata o...
leer más 20/06/2016
O Concello de Foz organiza un ano máis o programa Aberto por Vacacións con actividades para nenos e nenas con idades entre 3 e 12 anos que levará a cabo a Concellería de Xuventude durante os meses de xullo e agosto.
A concelleira de Xuventude, Mercedes González Alonso, manifesta que “este año nuevamente vamos a tener el programa Aberto por vacacións, que está dirigido a todos los niños con actividades para que puedan pasarlo muy bien ocupados en parte de su tiempo de verano”.
Mercedes González engade que “este programa es para niños que están entre los 3 y los 12 años, es decir los que han nacido entre el año 2004 y el 2012, y tendrá como inicio el 6...
leer más 20/06/2016
O concelleiro de Deportes e Turismo, Ramiro Fernández, e o técnico de Deportes, Iván Cao Lucas, veñen de presentar as actividades lúdicas que se van desenrolar nos meses de verán para os nenos e nenas de Burela.
Fernández Rey dixo que “con estas actividades dende o equipo de goberno preténdese facilitar a conciliación da vida familiar e laboral, ademais de impulsar a actividade física nos nosos mozos que debe de ser un dos obxetivos das administracións, e que dende o equipo de goberno de Burela vimos demostrando que esa aposta é unha realidade”.
O edil de Deportes explicou que “como novidade este ano vaise pedir que os pais ou tutores presenten un...
leer más 19/06/2016
A Concellería de Educación, Xuventude e Novas tecnoloxías, dirixida por Alberto García, da a coñecer as numerosas actividades que se desenvolverán durante este verán dentro do programa Aberto por Vacacións.
A programación inclúe talleres e campamentos de carácter gratuíto que desenvolverá o Concello de Mondoñedo durante este verán “co obxectivo de conciliar a vida laboral e familiar”.
Campamento ‘Mondo Peques’
Este campamento, de carácter urbano e dinámico, terá lugar dende o 27 de xuño ao 15 de xullo ( 3 semanas de duración) na Casa da Xuventude. O horario estipulado será de 10:00 horas a 14:00 horas con...
leer más 17/06/2016
O remate do curso escolar celebrarase en Barreiros coa representación de "Espantallo Amigo" a cargo de Os Quinquilláns.
Esta actividade está dedicada especialmente ao remate do curso escolar dos nenos e nenas dos colexios do concello. O grupo Os Quinquilláns porá en escena a obra Espantallo Amigo sobre o texto de Xosé Neira Vilas. Está dirixida a un público familiar.
A representación terá lugar o luns, 20 de xuño, no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro ás 11:30 horas. A entrada é gratuíta.
Organiza o Concello de Barreiros.
15/06/2016
A Casa da Cultura de San Ciprián acollerá este sábado, día 18, a partir das 20 horas dúas representacións teatrais, Caracola 1982 e Farillóns 1950, a cargo dos alumnos do taller de teatro infantil Pimpim e a presentación do libro Os Bolechas visitan Cervo.
A concelleira de Cultura cervense, Dolores García Caramés, explica que “o taller de teatro Pimpim cada vez conta con máis participantes, pois este ano incorporáronse 4 e actualmente hai 44 alumnos en dous grupos, un de 18 e o outro de 26. Son nenos e nenas de idades comprendidas entre os 6 e os 14 anos. Levan desde marzo preparando as obras todos os venres e estas últimas semanas ensaian un pouco máis porque estrean este sábado as dúas obras, que tratan sobre dous naufraxios que...
leer más 14/06/2016
Os Bolechas van ás Olimpíadas estarán en Viveiro o 25 de xuño a partir das 18 horas. A actuación enmárcase no programa de dinamización lingüística FalaRedes.
A entrada será gratuíta e o aforo limitado. A taquilla estará aberta a partir das cinco da tarde. Cada persoa poderá levar un máximo de catro entradas.
25/05/2016
Este domingo, 29 de maio, celebraranse xogos de campamento Altair nas Festas de Burela. Terán lugar entre as 16:00 e as 19:00 horas na Praza do Concello, con motivo do Dia do Neno.
Están dirixidos a nenos e nenas de entre 7 e 13 anos e a inscrición está aberta ata o venres anterior, día 27 de maio. Os interesad@s poden anotarse na Casa da Xuventude de Burela ou por internet en chaodecastro.wordpress.com. As prazas son limitadas a 20 e as actividades adáptanse ao número de participantes e ao grupo de idade.
Para máis información nos números de teléfono 685 325 153 e 659 737 312; en...
leer más 25/05/2016
A Fundación Impulso ao Deporte, Cultura e Turismo na Mariña volverá reunir o futuro futbolístico máis novo entorno a un triangular, como xa vén facendo nos últimos anos durante a Semana Santa. A estrea do Torneo Festas Patronais de Burela de Fútbol Sala Base acollerá o domingo 29 de maio, en Vista Alegre (Burela), as categorías miniprebenxamín e prebenxamín.
O torneo arrancará ás 10.00 horas cun enfrontamento de miniprebenxamín entre o AD Santiago de Foz e a ED Burela FS e porá fin ás 19.00 horas cos mesmos protagonistas en prebenxamín 1. A entrega de trofeos clausurará a xornada ás 19.45 horas.
11/05/2016
O grupo Chao de Castro Altair de Burela organiza un campamento para nenos e nenas en Rianxo entre os días 26 de xuño e 8 de xullo.
Entre as actividades programadas figuran un percorrido pola ría en barco e unha visita á illa de Cortegada, onde se atopa o bosque de loureiros máis grande de Europa.
Para todas as persoas que estean interesadas haberá unha reunión informativa o domingo 12 de xuño ás 19:00 horas, na Casa da Xuventude de Burela. A data límite para inscribirse é o 15 de xuño. As cotas son de 145 euros para soci@s con facilidades de pago, para os non soci@s posibilidade...
leer más