Obradoiros para nen@s e xoves, teatro, maxia e un musical son algunhas das propostas das que se poderá gozar en Ribadeo. Están organizadas pola Concellaría de Mocidade e pola Omix.

Obradoiros para nen@s e xoves, teatro, maxia e un musical son algunhas das propostas das que se poderá gozar en Ribadeo. Están organizadas pola Concellaría de Mocidade e pola Omix.
 
A Concellería da Mocidade e a OMIX programan diversas actividades para este Nadal que darán comezo o día 21 cunha táboa redonda sobre o botellón. Ademais desenvolverá ata o día 4 de xaneiro, varios obradoiros para xoves e diversos espectáculos para nen@s de teatro, maxia e un musical.
 
As actividades darán comezo este mércores, 21 de decembro, coa táboa redonda titulada Abordaxe do botellón ante o consumo intensivo de alcohol en xóvenes, que terá lugar ás 20:00 horas no salón de actos da Casa do Mar. Dirixida especialmente a país e nais, pero en xeral a calquera persoa interesada no tema, contará coas intervencións de expertos en prevención do Hospital da Costa, do Centro de Saúde de Ribadeo, da U.A.D. de Burela e de representantes de forzas e corpos de seguridade. A entrada é gratuíta.
 
O luns, 26 de decembro, será tempo para a Factoría Dixital con ferramentas dixitais para a xuventude, recursos dixitais para presentacións, estudo, desenvolvemento e innovación á hora de adquirir coñecemento. Terá lugar entre as 16:00 e as 20:00 horas na Aula Cemit da Casa da Xuventude. As prazas son limitadas e a inscrición é gratuíta na OMIX. 
 
Ese mesmo día, 26 de decembro, ás 17:30 horas no Auditorio Hernán Naval haberá teatro con Animundis. O prezo da entrada é 3 euros.
 
O martes, 27 de decembro, continuará a Factoría Dixital co taller de recursos na rede para o estudo, sobre como aprender a descubrir e atopar todos os recursos dixitais que complementen o estudo, e de cara á procura dos intereses que permitan formarse e descubrir de forma responsable e sendo coñecedores dos riscos. O horario será de 16:00 a 20:00 horas na Aula Cemit da Casa da Xuventude e as prazas son limitadas sendo a inscrición gratuíta na OMIX.
 
Tamén o 27 de decembro terá lugar o espectáculo de maxia e malabares, Os vellos magos, dirixido a nenos e nenas de 4 a 14 anos. Será entre as 15:30 e as 16:15 horas no Centro de Día. A inscrición e gratuíta e pode facerse na OMIX, Casa da Xuventude.
 
O xoves, 29 de decembro, haberá unha Festa Infantil con inchables, obradoiros, visita do Apalpador e animación musical. Será no pavillón de deportes entre as 16:30 e as 19:30 horas con entrada gratuíta.
 
Os días 2, 3, 4 e 5 de xaneiro desenvolverase un obradoiro de fotografía de estudio dirixido á mocidade a partir de 10 anos. Será das 11:30 ás 13:30 horas na Casa da Xuventude. A inscrición é gratuíta, pode facerse na OMIX-Casa da Xuventude, e estará impartido por El Farero Audiovisuales.
 
E o 4 de xaneiro porase en escena o musical Caperuchiña Vermella a cargo de EducaTeatro, ás 17:30 horas no Auditorio Municipal e o prezo da entrada é 5 euros.