Concerto

Etiquetas:
19/01/2025

A asociación Esperanza, de Burela, anuncia que desde o luns 20 de xaneiro poñen á venda as entradas para o II Concerto Benéfico en conmemoración do Día Mundial da Loita contra o Cancro, que terá lugar na Casa da Cultura de Burela o día 8 de febreiro, sábado, ás 20:00 horas. Actuarán o grupo de cantareiras As Grileiras, da Sociedade Cultural Recreativa Ledicia; Diavolinos e Basquiat. O acto será presentado por Luz López Arnau, Miss Abuela de España 2024.

“O prezo das entradas será de 5 euros e poderanse adquirir nos comercios de ACIA, en Cinza, en El y Ella Joven, na Pastelería Méndez (Ferreira) ou mediante a propia Asociación. Queremos facer fincapé no feito de que todo o recadado mediante a venda destas entradas irá, coma sempre, integramente destinado á doazóns a entidades dedicadas á investigación contra o cancro”, explica a asociación...

leer más
03/01/2025

Burela acollerá un Concerto de Reis a cargo da agrupación musical viveirense Sons de Celeiro. Este recital terá lugar ás 19:00 deste sábado, día 4 de xaneiro, no auditorio da Casa da Cultura. A entrada será de balde e libre ata completar aforo.

O Concello de Burela anuncia que “a agrupación repasará as cancións dos seus tres traballos discográficos editados, lanzados ao longo de xa 12 anos de traxectoria ininterrompida.Trátase dun grupo vocal formado por un total de 14 integrantes. A pesar de que o grupo naceu na parroquia viveirense de Celeiro, conta con varios integrantes procedentes de Burela”.

A concelleira de Cultura, Lina Gómez, anima á veciñanza “a acudir a este concerto como previa ao día de Reis para desfrutar da traxectoria de Sons de Celeiro”.

Etiquetas:
31/12/2024

Este venres, día 3 de xaneiro, ás 17:30 horas o salón de actos da Casa da Cultura do Valadouro acollerá un concerto de Nadal a cargo da Banda de Música Mestre López, do Valadouro. A entrada é de balde.

Está organizado polo Concello do Valadouro que anuncia: “iniciamos o novo ano 2025 da mellor maneira, cun concerto interpretado polos xoves músicos da Escola de Música Mestre López, do Valadouro”.

 

30/12/2024

O cantautor galego Manoele de Felisa ofrecerá un concerto de Nadal na vila ribadense coa Coral Polifónica de Ribadeo e co Coro Sagrado Corazón este sábado, día 4 de xaneiro.

O concerto, incluído na programación de Nadal do Concello ribadense, será na igrexa parroquial de Santa María do Campo ás 20:45 horas.

27/12/2024

Dentro do ciclo de concertos O Son do Nordeste, este sábado, día 28 de decembro, chega á Praza do Souto, de Cervo, Giulia Bianco, cantante que interpretará temas de soul e baladas pop e disco.

A actuación, que está incluída na programación de Nadal do Concello de Cervo, comezará ás 21:00 horas.

Etiquetas:
24/12/2024

A Escola Vella de Rinlo, no concello de Ribadeo, acollerá un concerto este sábado, día 28 de decembro ás 18:00 horas. Actuarán Erikas e Peluxías e O Resol.

Está organizado pola asociación cultural A Tribo da Travesía e o Concello de Ribadeo.

Etiquetas:
23/12/2024

A Banda de Música Mestre López, da Escola de Música do Valadouro, ofrecerá un concerto no salón de actos da Casa da Cultura de Alfoz este sábado, día 28 de decembro, ás 19:30 horas.

O Concello de Alfoz anuncia: “o próximo sábado temos un concerto para despedir o ano! Ás 19:30 horas os nenos e nenas da Banda de Música Mestre López, de O Valadouro, farannos un concerto moi emotivo. Non o perdades”.

22/12/2024

A Escola Municipal de Música de Xove organiza un Concerto de Nadal para o 26 de decembro, xoves.

Será ás 18:00 horas no salón de actos do Centro Cívico.

 

18/12/2024

A Escola Municipal de Música O Pallarego, de Mondoñedo, ofrecerá un concerto de Nadal este xoves, día 19 de decembro, no auditorio Pascual Veiga. Será ás 20:30 horas.

Etiquetas:
17/12/2024

Será ás 20:30 horas o vindeiro sábado, día 21, con entrada de balde ata completar aforo. A retirada de entradas poderá facerse unha antes na billeteira o Teatro Pastor Díaz. Desde a organización indican que se entregarán un máximo de 4 entradas por persoa. 

O concerto de Nadal está organizado pola Banda de Música O Landro, que conta coa colaboración do Concello de Viveiro e da Deputación de Lugo.